Número 267- 06 de abril de 2015
 
 

UNIVERSIDADE

Capítulo VI. Unha administración paralela

    Mentres que os orzamentos para cubrir os postos de traballo estrutural sofren recorte tras recorte a Xunta facilita orzamentos adicionais, destinados ao apoio á investigación que posibilitan e que se utilizan para a creación dunha administración paralela, precarizada e na que se ocupan as prazas á marxe da normativa establecida para o PAS, o que pode, como xa pasou, ter consecuencias a curto ou medio prazo. Desde hai tempo a universidade confabula, coa participación activa dos sindicatos afíns para crear esa administración paralela. A intención xa declarada é a de xuntar esta nova administración co que queda do colectivo de PAS laboral.

 UNIVERSIDADE - PAS FUNCIONARIO
    Asistimos na esfera política a que os partidos políticos, no afán de mellor representar as aspiracións d@s cidadáns, acoden ao asemblearismo e á participación cívica para, por un lado involucrarse nos problemas e, por outro lado, vehiculizar as propostas nas institucións. Aparecen así alternativas como as de BNG-Asembleas Abertas, as Mareas Cidadás.....
O NOSO BOE DE CADA DÍA

    O BOE do 30 de marzo recolle os 11 indultos aprobados o venres, día 27, polo Consello de Ministros con ocasión da Semana Santa. Seis deles foron parar condenados por delitos contra a saúde pública, dous por roubo con violencia, un por atentado á autoridade, outro por tráfico de drogas e outro por revelación de segredos.

SANIDADE PÚBLICA - HOSPITAL UNIVERSITARIO CENTRAL D’ASTURIES (HUCA)

    @s nos@s compañeiras da Corriente Sindical d’Izquierda infórmannos dun caso pioneiro de externalización de servizos no Hospital Universitario Central d’Asturies) (HUCA), onde se fai palpable o malestar entre @s radiólog@s. @s especialistas ao comprobar que cinco radiólogos alleos ao hospital teñen acceso ás claves que lles permiten entrar nos estudos radiolóxicos a través da plataforma informática EOS.

SOS SANIDADE PÚBLICA

    @s traballador@s din que algúns pacientes "están ingresados nos corredores", coas cabeceiras das súas camas pegadas aos ascensores. Feijóo lamenta as demoras en urxencias do Chuac, pero lembra que se multiplicou por catro" a superficie” do hospital.

VERDEGAIA

    A Federación Ecoloxista Galega e Verdegaia manifestan que, despois de 18 anos como parque natural, o documento inicial do PRUX da Fragas do Eume presenta graves deficiencias de modo que, de aprobarse nos termos actuais, non vai supoñer un avance na conservación dos ecosistemas e na mellora da calidade de vida da poboación local.

• INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA (IGE)

    Desde o Servizo de Difusión e Información Estatística do IGE envían-nos unha información de moito interese para a elaboración de análise de conxuntura socioeconómica dos sete grandes concellos de Galiza (A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol).

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Repetimos esta noticia polo seu interese. O pasado venres, día 27 de marzo, o xerente remitiu á Xunta de Persoal e ao Comité de Empresa o que segundo na propia comunicación sinala como “revisión da proposta final de modificación parcial da RPT”.
 ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - SENTENZA
    O Tribunal Superior de Xustiza da Rioxa falla en contra da xubilación forzosa dun médico pola súa condición de funcionario de carreira.
 MÁIS AUTOBOMBO
    Estamos en ano electoral, ademais das inauguracións de última hora fai falla salientar, cos cuartos de todas e todos, os logros institucionais e, desta vez, publicitar a innovación e o emprendemento para "sensibilizar á poboación sobre os valores de Galicia como unha terra solvente para o desenvolvemento de proxectos e investimentos que a levarán cara ao crecemento e a xeración de emprego".
 A CORUÑA -CENTRO DE ATENCIÓN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE (CAPD)
    O problema estrutural orixínase pola falta do persoal necesario e agrávase pola política que leva a Consellería de Traballo e Benestar de cubrir as IT’s a partires do 14º día de baixa; de cubrir menos da metade do persoal que ten vacacións; e de non cubrir, especificamente, as vacacións das persoas que están xubiladas parcialmente,e as baixas das persoas que están xubiladas parcialmente.
 OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS - COIA
    A Xunta abriu o pasado 5 de marzo o prazo para solicitar a nova convocatoria do ticket eléctrico. Como na anterior convocatoria este consiste nunha axuda para o pagamento de parte da factura eléctrica a familias con fillos menores a cargo con ingresos que non superen o 1,5 do IPREM (798 €/mes ou 9.585 €/ano).
 LINGUA - Marco Maril, Apenino
    Sen rubor, recoñezo pertencer á xeración asasina. A unha nova xeración que asistía algo atónita, pero bastante impasible, ó feito que os seus pais falaran galego entre eles, pero en castelán cos seus fillos... eu mesmo, por situarnos.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   


 

     
      ELECCIÓNS. MOITO OLLO

       
        NO TRONO

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript