Abril de 2015
 
 

NÚMERO 267 - 03/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE - PAS FUNCIONARIO
 

Eleccións sindicais. @s traballador@s da CUT participaremos incluid@s nas listas da Alternativa de PAS Asemblearia (APA)

Asistimos na esfera política a que os partidos políticos, no afán de mellor representar as aspiracións d@s cidadáns, acoden ao asemblearismo e á participación cívica para, por un lado involucrarse nos problemas e, por outro lado, vehiculizar as propostas nas institucións. Aparecen así alternativas como as de BNG-Asembleas Abertas, as Mareas Cidadás.....

 

  • Noticias relacionadas

En boa lóxica os partidos políticos deberían ter (e teñen) un ideario, uns principios, unha doutrina, que, aparte de unir á militancia sobre ese soporte ideolóxico serva de base para proxectar as alternativas. Sen embargo, son capaces, en maior ou menor medida, de presentarse ás vindeiras eleccións facendo fincapé nos aspectos unitarios para conseguir as mudanzas que preconizan nos respectivos programas.
 
Esta actitude que se plasma agora en candidaturas políticas, nós xa a practicamos desde hai tempo
no eido sindical. Participamos de xeito activo na constitución da Alternativa de PAS Asemblearia no Claustro Universitario e participamos dentro da Alternativa de PAS Asemblearia que, posteriormente, se presentou ás eleccións sindicais. Coas compañeiras e compañeiros que forman parte desta candidatura mobilizámonos, dentro e fóra da UDC para, por unha banda, defender a universidade pública, galega e de calidade á que ten dereito a cidadanía, como, por outra banda, defender desde os órganos de representación (Xunta de Persoal, Claustro, Consello de Goberno e Consello Social) os dereitos das traballadoras e dos traballadores da institución, cando a representación institucional non serviu para modificar as decisións do Equipo de Goberno da universidade que prexudicaron ao PAS, mobilizámonos para demostralle ao sr. reitor o rexeitamento do colectivo.
 
Coas compañeiras e compañeiros da APA participamos en todas as convocatorias realizadas polos sindicatos en defensa dos servizos públicos
ou especificamente en defensa da universidade pública, nesa dinámica confluímos, en varias ocasións, partindo da Reitoría cos compañeiros e compañeiras do Hospital Abente y Lago para protestar contra os recortes que nos impoñen os gobernos estatal e autonómico.
 
MANIFESTACIÓNS C@S COMPAÑEIR@S DO ABENTE Y LAGO (preme na foto para ver a galería fotográfica correspondente)


Optamos pola vía de unir forzas porque, diante da situación pola que, como colectivo, estamos a atravesar debido, esencialmente, á desmobilización dos últimos anos propiciada pola conivencia do resto de sindicatos cos últimos equipos de goberno
da universidade (algún deles participou directamente nas responsabilidades de goberno), pensamos que fai falta unha verdadeira discusión, posta en común e activar a resposta unitaria.
 
Coas eleccións aparecerá quen se esconda detrás das etiquetas intentando que a definición sindical tape a súa actuación. Lonxe desta circunstancia pronunciámonos en contra das portas xiratorias, ningún dos nosos representantes se postulará para ningún órgano que non sexan os colexiados, en representación dos traballadores e traballadoras, para defender os seus dereitos e, como sinalamos xa, a universidade pública, galega e de calidade.
 
Non entendemos a representación en beneficio persoal. Tod@s @s que participamos na candidatura da Alternativa de PAS Asemblearia comprometémonos asinando un código ético a defender, de xeito exclusivo os intereses colectivos.
 
Por se tedes interese estes son os Estatutos do noso sindicato.
 
OUTRAS CONCENTRACIÓNS E MANIFESTACIÓNS (preme na foto para ver a galería fotográfica correspondente)




 





 
E SEGUIREMOS LOITANDO!!!!!!

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript