Abril de 2015
 
 

NÚMERO 267 - 03/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Capítulo VI. Unha administración paralela

Mentres que os orzamentos para cubrir os postos de traballo estrutural sofren recorte tras recorte a Xunta facilita orzamentos adicionais, destinados ao apoio á investigación que posibilitan e que se utilizan para a creación dunha administración paralela, precarizada e na que se ocupan as prazas á marxe da normativa establecida para o PAS, o que pode, como xa pasou, ter consecuencias a curto ou medio prazo. Desde hai tempo a universidade confabula, coa participación activa dos sindicatos afíns para crear esa administración paralela. A intención xa declarada é a de xuntar esta nova administración co que queda do colectivo de PAS laboral.

 

  • Noticias relacionadas

Segundo o Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades da Coruña, de Santiago de Compostela e de Vigo para o financiamento de centros de investigación a UDC recibiu para material e persoal do CITIC 100.000€ en 2013 e 350.000€ en 2014. Unha Addenda a este Convenio de data 24.10.2014, destina para as tres universidades e, segundo parece, coa mesma finalidade, a cantidade de 2.800.000€ .
 
Segundo o Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o desenvolvemento dos Servizos Xerais de Apoio á Investigación. Asinado para para “executar accións destinadas ao desenvolvemento e consolidación dos Servizos Xerais de Apoio á Investigación e as OTRI das universidades de Galicia.
O obxectivo final é axudar as universidades a optimizar e incrementar as súas capacidades en investigación e transferencia de coñecemento.” A UDC recibiu 164.250€ en 2014. Recibirá 328.500€ en 2015 e outros 328.500€ en 2016.
 
Todo iso á marxe de que cada proxecto poida crear a súa propia estrutura administrativa e técnica coa súa asignación.
 
A CUT opuxémonos e seguimos nesa mesma posición ao respecto deste novo colectivo. Unha vez que o PAS laboral está declarado a extinguir non ten sentido incluír as categorías profesionais creadas ao abeiro do acordo subscrito entre o sr. reitor en nome da Universidade e Andrés Marcos García por CC.OO. e Alfonso Castro Martínez, por CIG.
 
Será unha obriga da nova Xunta de Persoal tomar as medidas necesarias para asegurar que se cumpra a lexislación e as prazas de xestión se desenvolvan por persoal funcionario.
 
Recordamos que no acordo asinado contémplanse:

B. Para realizar tarefas técnicas/laboratorio
1.- Técnico/a de apoio  á investigación
2.- Axudante de apoio á investigación
 
C. Para realizar tarefas administrativas e de apoio á xestión
1.- Técnico administrativo
2.- Axudante administrativo
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript