Abril de 2015
 
 

NÚMERO 267 - 03/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  MÁIS AUTOBOMBO
 

Feijóo gastará outros dous millóns de euros en autobombo

Estamos en ano electoral, ademais das inauguracións de última hora fai falla salientar, cos cuartos de todas e todos, os logros institucionais e, desta vez, publicitar a innovación e o emprendemento para "sensibilizar á poboación sobre os valores de Galicia como unha terra solvente para o desenvolvemento de proxectos e investimentos que a levarán cara ao crecemento e a xeración de emprego".

 

  • Noticias relacionadas

No BOE do mércores, día 18, publícase a Resolución do 6 de marzo de 2015 da Consellería de Economía e Industria pola que se anuncia a contratación do servizo para o desenvolvemento da campaña publicitaria: "A innovación e a competitividade na industria de Galicia: cara á fábrica do futuro" (DOG do Xoves, 12 de marzo de 2015).
 
No Prego de prescricións técnicas, sinálase que  Polo tanto, a campaña deberá reflectir que a Xunta quere acompañar ás empresas na mellora dos seus procesos, no impulso da innovación, na súa aposta polas tecnoloxías facilitadoras así como promover a hibridación de sectores para aportar valor engadido aos procesos e produtos e impulsar a competitividade.”·
 
A campaña, segundo a publicación, está presupostada en dous millóns de euros, case nada.

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript