Abril de 2015
 
 

NÚMERO 267 - 03/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  SOS SANIDADE PÚBLICA
 

Denuncian un novo colapso nas Urxencias do Hospital da Coruña

@s traballador@s din que algúns pacientes "están ingresados nos corredores", coas cabeceiras das súas camas pegadas aos ascensores. Feijóo lamenta as demoras en urxencias do Chuac, pero lembra que se multiplicou por catro" a superficie” do hospital.

 

  • Noticias relacionadas

"O servizo de Urxencias do CHUAC padece de maneira continuada un estado de saturación, de colapso crónico", apuntan desde a comisión de centro a través dun comunicado. Así, denuncia que existe unha importante falta de camas, pois "nas áreas de Observación xa non caben máis padiolas", con "entre corenta e cincuenta enfermos" nelas.
 
Algúns destes pacientes "están ingresados nos corredores", coas cabeceiras das súas camas pegadas aos ascensores, e outros permanecen en salas que "non reúnen as condicións mínimas", mentres que entre "cincuenta e setenta están sen cama".
 
Os traballadores cren que se vulneran dereitos básicos e apuntan tamén a "un gran déficit de profesionais", unha antiga reivindicación desde a apertura do novo servizo, pois afirman que aumentou o espazo, pero non os medios nin o persoal.
 
Sen embargo, a través dun comunicado, o CHUAC sostén que o habitual é atender a 283 persoas cada día, pero onte o número alcanzou os 341, o que supón un 20 % máis do normal. Delas, setenta necesitaron ingreso hospitalario, un 20,5 % que supera o habitual 18 % ao longo dun inverno no que a media de persoas atendidas está por encima doutras ocasións.
 
A dirección do complexo apunta que "a atención recibida está asegurada" e que se está reforzando o servizo para que a actuación sexa a correcta", xa que conta con "gran profesionalidade" e "esforzo" por parte do persoal, así como do resto do hospital.
 
No mesmo argumento incidiu o presidente galego. Alberto Núñez Feijóo dixo que situacións deste tipo se re rexistran "nalgún momento" na "inmensa maioría dos hospitais de España". Ademais, salientou que o seu Goberno "multiplicou por catro, de 900 a 4.000 metros cadrados" a superficie do servizo de urxencias "en plena crise".
 
"Non hai unha diminución do persoal, hai un incremento das infraestruturas", subliñou, para engadir que o que se pode preguntar calquera cidadán é "que pasaba antes" de que se producise esta ampliación.
 
Galicia Confidencial

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript