Abril de 2015
 
 

NÚMERO 267 - 03/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  A CORUÑA -CENTRO DE ATENCIÓN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE (CAPD)
 

O CAPD da Coruña ten un problema estrutural de falta de persoal

O problema estrutural orixínase pola falta do persoal necesario e agrávase pola política que leva a Consellería de Traballo e Benestar de cubrir as IT’s a partires do 14º día de baixa; de cubrir menos da metade do persoal que ten vacacións; e de non cubrir, especificamente, as vacacións das persoas que están xubiladas parcialmente,e as baixas das persoas que están xubiladas parcialmente.

 

  • Noticias relacionadas

@s traballador@s mobilízanse contra unha situación que repercute moi negativamente no servizo. A política da Consellería produce uns resultados tremendos no CAPD da Coruña que se traduce nunha sobrecarga brutal para as traballadoras e traballadores, que xa soportan a inhumanidade das quendas de traballo, e na baixa de calidade na atención que deben ter as persoas que atenden.
 
Na semana pasada deuse unha situación límite ao non se cubriren  as vacacións de dous Educadores xubilados parcialmente; unha baixa dunha Educadora xubilada parcialmente; unha baixa dunha Camareira; unha baixa dunha Camareira xubilada parcialmente; catro baixas de catro Coidadores.
 
A Consellería está a practicar unha política inhumana que o Director do CAPD segue ao pé da letra. O PP recorta, sen ningún pudor, onde máis falta fai.

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript