Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 266 - 30/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Claustro do día 25. As voltas dunha noticia

A nota de prensa na que se informa do desenvolvemento do Claustro do día 25 ten un titular ben rimbombante: O 82% do Claustro apoia a xestión do reitor do ano 2014, no corpo da noticia sinálase, non obstante que os votos a favor foron 104, en contra 10 e 13 abstencións, se o Claustro está composto por 300 representantes, no actual algo menos porque non se cubriron todos os postos, ben podería ser que o titular fose algo así como: O 34,66% do Claustro aproba a xestión do reitor do ano 2014.

 

  • Noticias relacionadas

 

Se a noticia se valora en función do número de votos debería ser moito máis salientable a elección do Valedor Universitario que obtivo 156 votos a favor, 32 brancos e 1 nulo, case a metade máis que o sr. reitor na defensa da súa xestión.
 
Nada de autocrítica a pesares de que, nas clasificacións , a UDC figura en último lugar das universidades galegas e nos últimos postos das universidades públicas do resto do estado. Por outra parte, no contexto de limitacións orzamentarias, o sr. reitor opta por precarizar cada día máis as condicións do PAS (contratacións gratis total a través do ministerio, con traballadoras escravizadas e aí está, tamén, a nova RPT). Reivindica o sr. Armesto, a autonomía universitaria e critica os
órganos de poder político só para poder contratar máis PDI.
 
Temos, tamén que lembrar, nesta situación o alto número de Persoal Docente e Investigador utilizado para labores denominadas de fontanería, realizando traballos que son propios do PAS, o que nesta situación resulta máis rechamante porque eses docentes deberían estar realizando as funcións de docencia e investigación para as que foron contratad@s ou nomead@s. As funcións e labores de administración e servizos incluidas as de xefatura ou dirección deben ser desenvolvidas polo PAS.
 
En definitiva a xestión do reitor é unha xestión interesada, contraria ao intereses do PAS, contraditoria coa defensa da universidade pública que se reivindica e, como sinalan as estatísticas absolutamente deficiente.

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript