Número 266- 30 de marzo de 2015
 
 

UNIVERSIDADE

O día 24 houbo folga xeral na universidade

    Pese ao esquecemento inicial do noso colectivo na convocatoria por parte dos sindicatos, pese aos abusivos servizos mínimos decretados polo sr. reitor ao que, de xeito definitivo, acabou por caerlle a careta de progre, o PAS demostrou, unha vez máis, a súa responsabilidade e compromiso coa universidade pública participando na folga o día 24 e acudindo ás manifestacións convocadas.

 UNIVERSIDADE
    O día 25, na constitución do novo Claustro Universitario a APA tomou a iniciativa de ausentarse da sesión durante a intervención do reitor no punto 5 da Orde do Día (Memoria de xestión do ano 2014). Á medida anunciada pola representación maioritaria do PAS sumouse a representación do estudantado.
CHÁMANLLE DEMOCRACIA E NON O É

    Unanimidade acerca do "estado policial" e o "despotismo" que se poderá instaurar legalmente unha vez que xa foi aprobada a Lei de Seguridade Cidadá, dentro da tríade de leis fascistas votadas en solitario polos parlamentarios do Partido Popular.

MARCHAS DA DIGNIDADE

    O 21-M volveu a demostrar a fortaleza do movemento das MMdD. A pesares dos atrancos e dos equívocos, as arriadas obreiras e populares procedentes dos pobos do estado español, volveron a anegar Madrid de rebeldía. Máis alá do carácter masivo da mobilización do pasado sábado, cabería facer unha cantas reflexións que ó entender da CUT transcenden á lectura máis ou menos positiva, supeditando esta á comparativa da mobilización do pasado ano.

ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

    O pasado 18 de marzo o valedor do pobo, José Julio Fernández entregou á presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, o informe ordinario correspondente ao exercicio de 2014. Na rolda de prensa posterior ao acto de entrega o “valedor” deixou unha chea de declaracións que sinalan ben as claras quen é este individuo.

SOS SANIDADE PÚBLICA

    Coa chegada do Sr Feijóo á Xunta, o Partido Popular iniciou unha campaña de recortes, desmantelamento e privatizacións da Sanidade Pública, pretendendo que a sanidade sexa un privilexio, accesible a quen o poida costear a través dos repagos que tratan de impor. Ou acudindo á sanidade privada, adiantando os cartos que despois o SERGAS reintegrará.

AUDIO DE ALTO CARGO DA XUNTA ANDALUZA

    Como xa é coñecido a través das Axencias de prensa e outros medios de comunicación, este mércores foi detida en Andalucía a delegada de emprego do goberno socialdemocrata andaluz, Irene Sabalete Ortega.

• OPINIÓN - ECONOMISTAS SEN FRONTEIRAS

    Cando o Partido Popular chegou ao Goberno en 1996, tardou apenas un ano en liberalizar por completo o sector eléctrico. Xustificouse o cambio na falta de competitividade en prezos do sector, na necesidade de facelo máis confiable tecnicamente, máis seguro en materia de subministración e máis universal.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    O pasado venres, día 27 de marzo, o xerente remitiu á Xunta de Persoal e ao Comité de Empresa o que segundo na propia comunicación sinala como “revisión da proposta final de modificación parcial da RPT”.
 UNIVERSIDADE
    A nota de prensa na que se informa do desenvolvemento do Claustro do día 25 ten un titular ben rimbombante: O 82% do Claustro apoia a xestión do reitor do ano 2014, no corpo da noticia sinálase, non obstante que os votos a favor foron 104, en contra 10 e 13 abstencións, se o Claustro está composto por 300 representantes, no actual algo menos porque non se cubriron todos os postos, ben podería ser que o titular fose algo así como: O 34,66% do Claustro aproba a xestión do reitor do ano 2014..
 MOBILIZACIÓNS NA ADMINISTRACIÓN
    @s traballador@s dos xulgados e representantes sindicais mobilizáronse o día 26 de marzo contra a privatización do Rexistro Civil. Gardaron un minuto de silencio polas vítimas do accidente de Germanwings protestaron detrás dunha pancarta na que anunciaban "a morte do Rexistro Civil español á idade de 144 anos, 6 meses e 14 días".
 MOVEMENTOS SOCIAIS
    Vivimos unha terrible realidade, pero as veces parece que non queremos vela, con xente que perde a súa casa, nenos que non poden comer cando teñen fame.
 OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS - COIA
    Hai unhas semanas solicitamos por escrito datos do número de cortes de auga realizados no Concello de Vigo nos últimos anos. A resposta, tanto de Aqualia como do Concello, é o silencio. En detalle, a petición foi ter acceso público aos seguintes datos:
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    A Mesa pola Normalización Lingüística fixo hoxe unha primeira valoración da sentenza do Tribunal Supremo a respecto do Decreto 79/2010 contra o galego, tras o recurso presentado pola Real Academia Galega. A Mesa lembrou que o decretazo contra o galego xa fora anulado nos seus puntos centrais tras os recursos presentados no TSXG, entre outras, pola plataforma cidadá Queremos Galego ou a propia Mesa pola Normalización Lingüística, e que a sentenza do TS vén de ratificar tras o recurso da Real Academia Galega.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      RAJOY PASA POR MALOS MOMENTOS

       
        HAI QUE CAMBIAR O FUTURO

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript