Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 266 - 30/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  AUDIO DE ALTO CARGO DA XUNTA ANDALUZA
 

Se o PSOE perde, vós perdedes o traballo"

Como xa é coñecido a través das Axencias de prensa e outros medios de comunicación, este mércores foi detida en Andalucía a delegada de emprego do goberno socialdemocrata andaluz, Irene Sabalete Ortega.

 

  • Noticias relacionadas

Non obstante, á marxe de que esta e outras decenas de detencións que se produciron nos últimos meses non fan senón poñer de manifesto ata que punto a corrupción se apoderou das institucións dos socialdemócratas nesa comunidade, a detención desta señora serviu para dar a coñecer sobre ela algunhas outras cousas non menos significativas.
 
O audio- video que vos ofrecemos gravouse cando a campaña electoral das autonómicas andaluzas ía dar comezo. Na gravación, a Delegada de Emprego da Xunta andaluza Irene Sabalete, diríxese con ton persuasivo aos traballadores e altos cargos dependentes da súa autoridade para "instruílos convenientemente sobre como deben comportarse durante a campaña electoral.
 
Sabalete dilles aos seus subordinados o que segue: "Independentemente de que cada un teña a súa ideoloxía, persoalmente xogádesvos seguir traballando aquí ou que cada un se busque a vida como poida. O Conselleiro díxoo sen panos quentes e eu tamén o digo: a partir do luns, quérovos a todos, se queredes, se vos comprometedes con este proxecto e coa continuidade persoal vosa; quérovos a todos facendo campaña electoral. Isto é así de simple".
 
A gravación non é máis que unha verbalización do que en España se deu en chamar o "clientelismo político", consistente na compra descarada, pero sutil, dos votos daqueles que pola súa vida profesional, polos seus vínculos coas institucións municipais ou autonómicas, tratan de garantir o seu futuro dobregándose ante os seus "superiores".
 
GRABACION DO MOMENTO NO QUE SABALETE MOBILIZA OS FUNCIONARIOS PARA CAPTURAR OS VOTOS EN ANDALUCÍA

 

 


Recollido de Canarias Semanal

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript