Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 266 - 30/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Non temos remedio
O día 24 houbo folga na universidade, convocóusenos a, que eu saiba, dúas manifestacións, unha en Ferrol e outra na Coruña. Somos unha universidade na que debe haber arredor de 20.000 alumnos matriculados, máis ou menos 2.500 PDI e uns 800 PAS, visto o número de persoal afectado polas convocatorias daba peniña ver as manifestacións. Así non nos fai caso ninguén!. E co número de compañeiros afectados por servizos mínimos moito menos, a apertura das portas de centros e servizos realizouse e iso era o que se buscaba para aparentar normalidade. O reitor ten asegurada unha medalla desas que regala a Xunta.

 

RPT, hai alternativas?
A APA informou da súa posición sobre a modificación da RPT pero, qué din o resto dos sindicatos?. Gustaríame coñecer todas as opinións para ir mirando a quen vou votar nas eleccións sindicais. Paréceme indecente que na campaña se apresuren a sinalar unha chea de propósitos e só se volvan a dirixir a nós cando hai, de novo, eleccións

O afundimento da universidade levaríanos a todos por diante
Un día antes da folga na universidade discutimos no traballo sobre a convocatoria. Algúns non lle vían sentido, parecíalles máis un problema de alumnos e docentes que un asunto que nos afectase a todos. Eu razoei pola vía do egoísmo facendo fincapé en que si se impide, polos altos prezos das taxas, a matrícula dos alumnos sobraremos moitos. Penso que é un razoamento que vai directo non ao corazón, pero si a carteira de algúns que é onde máis lles doe.

Germanwings
Unha nova traxedia aérea, esta vez con arredor de 150 vítimas, a compañía é unha desas que proliferan ultimamente low cost nas que ás condicións espartanas para os viaxeiros únese unha explotación raiana no escravismos para os traballadores. Hoxe informaron nos medios de comunicación que xa teñen culpable, un dos pilotos que o estrelou de xeito intencionado. Vin no telexornal que estaba de baixa pero que ocultara esa circunstancia e que estaba traballando, tamén din que levaba moitos anos enfermo con depresión. Cómo é posible que un piloto nesas circunstancias voase?. Non me parece normal que un traballador vaia ao médico, teña unha baixa, e a oculte. Non é posible que a propia empresa o presionase para que, a pesar da baixa fose a traballar?. Son preguntas que me fago e non entendo como a ninguén se lle ocorren.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript