Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 266 - 30/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
 

O valedor, unha arma máis do PP contra as reclamacións do pobo

O pasado 18 de marzo o valedor do pobo, José Julio Fernández entregou á presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, o informe ordinario correspondente ao exercicio de 2014. Na rolda de prensa posterior ao acto de entrega o “valedor” deixou unha chea de declaracións que sinalan ben as claras quen é este individuo.

 

  • Noticias relacionadas

 

A sonada rolda de prensa serviu para que o valedor, unha vez máis, puxese énfase na súa supeditación aos ditames do PP, non cabía outra cousa dun individuo que xa demostrou noutras ocasións o seu agradecemento aos que o “colocaron” neste posto aos que lles paga de xeito reiterado o favor.
 
Diante dos medios de comunicación o “valedor” sinalou, entre outras desvergoñas cousas como que
O Estado social non pode crecer ilimitadamente ou cualificando de sete as políticas sociais da Xunta. O sr. José Julio Fernández, que ten como obriga defender ao administrado fronte á administración axeónllase aos ditames da Xunta enfrontándose á cidadanía, convertendo a institución que representa nunha arma máis contra as lexítimas reclamacións do Pobo.

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript