Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 266 - 30/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  MOBILIZACIÓNS NA ADMINISTRACIÓN
 

@s funcionari@s dos Rexistros Civís mobilízanse contra a súa privatización

@s traballador@s dos xulgados e representantes sindicais mobilizáronse o día 26 de marzo contra a privatización do Rexistro Civil. Gardaron un minuto de silencio polas vítimas do accidente de Germanwings protestaron detrás dunha pancarta na que anunciaban "a morte do Rexistro Civil español á idade de 144 anos, 6 meses e 14 días".

 

  • Noticias relacionadas

 

@s funcionari@s propóñense paralizar unha reforma que pon o servizo en mans dos rexistradores mercantís e denuncian a "opacidade" do proceso e que se pretenda cobrar por trámites que agora son gratuítos. No Rexistro realízanse inscricións e solicítanse certificacións de nacemento, matrimonio ou defuncións, fes de vida, libros de familia, tramítanse expedientes de nacionalidade ou de cambio de sexo, entre outros trámites.

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript