Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 266 - 30/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

RPT. Nova proposta da Xerencia

O pasado venres, día 27 de marzo, o xerente remitiu á Xunta de Persoal e ao Comité de Empresa o que segundo na propia comunicación sinala como “revisión da proposta final de modificación parcial da RPT”.

 

 

No correo, o xerente indica as modificacións e sinala a data e hora da vindeira reunión da Comisión Negociadora:
 
- Corrección da denominación de postos, de subescalas especiais, de xefatura/coordinación de unidades, agás na ORI e no Servizo de Investigación que permanecen conforme á última proposta da Xerencia.
 
- Nos postos base e de secretaría administrativa do Servizo de Investigación rebaixase o mérito en idioma inglés ao nivel B1.
 
- Os postos que teñen como mérito, non coma requisito, idioma, manteñen o seu actual complemento específico.
 
- Asígnase aos postos de Analista-programador do SIC o nivel de destino/específico 22/22.
 
- Os postos de subescalas especiais adscritos ao subgrupo A1, manteñen esta única adscrición.
 
- Adscríbense á escala xeral únicamente os tres postos de subescalas especiais propostos inicialmente (postos RPT-2015 núms. 33, 78 e 410).
 
Para tratar esta revisión final, convócase unha nova xuntanza da Mesa de negociación para o vindeiro xoves 9 de abril, ás 12:30 na sala de comisións núm.1.

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript