Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 266 - 30/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  CHÁMANLLE DEMOCRACIA E NON O É
 

O Partido Popular impón as tres leis máis represivas aprobadas dende a caída do franquismo

Unanimidade acerca do "estado policial" e o "despotismo" que se poderá instaurar legalmente unha vez que xa foi aprobada a Lei de Seguridade Cidadá, dentro da tríade de leis fascistas votadas en solitario polos parlamentarios do Partido Popular.

 

  • Noticias relacionadas

 

De nada serviron as campañas nacionais e internacionais, pronunciamentos de prestixiosas entidades e organismos de dereitos humanos, movementos sociais, de profesionais da xustiza nin sequera de tribunais de dereitos humanos da Unión Europea para evitar a aprobación e a entrada en vixencia deste brutal recorte de liberdades e dereitos básicos das persoas, máis propias de réximes ditatoriais que das "democracias parlamentarias europeas".
 
Interesante a intervención do deputado de IU Ricardo Sixto que realizou un paralelismo entre esta norma e as vixentes durante a época franquista, fundamentando que esta inclúe a execución de sancións administrativas por condutas que non configuran un delito. O voceiro de Compromís, Joan Baldoví, cualificou como "innecesaria" a dura represión considerada na nova lei, á que cualificou como "perversa".
 
No colmo do cinismo, o ministro do Interior dixo que, "Cando entre en vigor esta lei se verá que queda garantida a liberdade". Sen comentarios.
 
Diversos partidos comprometéronse a derrogar a Lei Mordaza se acceden ao poder, pero antes dese im/probable escenario, deberemos convivir cun aumento da represión xa existente, con penalidades económicas que serán difíciles de asumir e unha brutal indefensión á hora de protestar pacificamente e manifestarnos.
 
Kaosenlared. D.C - Redacción Web

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript