Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 266 - 30/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

O Claustro do día 25 serviu para denunciar os excesivos servizos mínimos impostos polo reitor na folga do día 24

O día 25, na constitución do novo Claustro Universitario a APA tomou a iniciativa de ausentarse da sesión durante a intervención do reitor no punto 5 da Orde do Día (Memoria de xestión do ano 2014). Á medida anunciada pola representación maioritaria do PAS sumouse a representación do estudantado.

 

  • Noticias relacionadas

 

Antes do comezo da sesión a APA repartiu un comunicado a todos os presentes no que se sinalaba:

Despois das eleccións da Mesa do Claustro, de representantes do Claustro no Consello de Goberno, dos membros da Comisión Electoral Central e da votación para Valedor Universitario tomou a palabra o sr. reitor co fin de presentar a memoria da xestión do ano 2014 do equipo de goberno do reitor momento no que a maioría da representación do estudantado e do PAS abandonou o Claustro.
 
O motivo do abandono foi en protesta polos excesivos servizos mínimos establecidos polo sr. reitor para a folga que, en defensa da universidade pública, realizada o día 24 e que impediron a moit@s traballador@s do colectivo PAS o lexítimo exercicio do dereito á folga.
 
Unha vez rematada a presentación da memoria polo sr. reitor regresaron á sesión do Claustro solicitando a palabra na quenda de intervencións indicando, tanto a representación de APA como a dos colectivos de estudantes, os motivos do abandono sinalando que non votarían a memoria de xestión do sr. reitor do ano 2014
 
Posteriormente parte da representación do estudantes fixo pública a súa decisión.

 
Escrutinio das votacións
Relación de candidat@s elect@s

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript