Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 265 - 23/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Folga do día 24. Servizos mínimos?

O pasado día 17, seguindo unha comunicación da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, que trasladaba ás universidades galegas a decisión do establecemento dos servizos mínimos para a xornada de folga do día 24, a Xerencia convocou ao comité de folga.

 

  • Noticias relacionadas

A reunión realizouse ás 14 horas na sala de comisións número 1 da Reitoría, o xerente propuxo que se sinalasen os mesmos servizos mínimos que os acordados entre os sindicatos (CIG, CCOO,UGT e CSIF) na Universidade de Vigo, que coincidían cos establecidos na folga convocada no ensino para o día 24 de outubro de 2013, que contemplaba:
 
Artigo 3. Universidades galegas
Terán a consideración de servizos mínimos para o persoal dependente das universidades galegas os seguintes:
– Un empregado/a da área de conserxaría por quenda de traballo en cada facultade, escola, centro de investigación e demais centros administrativos.  
– Un funcionario/a no rexistro oficial de cada campus.
– Un empregado/a do persoal de secretaría do reitor, e dos vicerreitores/as dos campus onde non estea a sede reitoral.
 
Sinalamos que saudabamos que se derivase o establecemento dos servizos mínimos ás universidades porque iso sería o coherente coa autonomía que lles é propia e tamén porque, polos motivos da convocatoria, era de agardar que a universidade se involucrase realmente. Pedíuselle que a institución tomase a iniciativa realizando o que se denomina “peche empresarial”, de non ser así que non nomease servizos mínimos, dándose unha situación similar a un domingo.
 
O xerente sinal
ou que as obrigas institucionais impiden o peche empresarial que ía consultar coa asesoría xurídica a posibilidade de non nomear servizos mínimos pero instaba aos representantes sindicais a manter a mesma posición que a mostrada na Universidade de Vigo.
 
Visto que a Xerencia era reticente á proposta
indicáronselle máis posibilidades: servizos mínimos só no rexistro, e, tamén, se lle sinalou que en convocatorias anteriores a propia Xunta ditaminara menores servizos mínimos, en concreto:
 
DECRETO 151/2010, do 23 de setembro, polo que se ditan normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 29 de setembro de 2010.
 
DECRETO 2/2011, do 20 de xaneiro, polo que se ditan normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 27 de xaneiro de 2011.
 
En ámbolos dous decretos os servizo mínimos sinalados foron:
 
Universidades galegas:
Reitorías:
-1 funcionario/a no rexistro.
-1 secretario/a do reitor ou auxiliar administrativo/a.
Campus:
-1 funcionario/a no rexistro.
-1 auxiliar de servizos por quenda de traballo.  
-1 secretario/a dos vicerreitores responsables dos campus onde non estea a sede reitoral.
-1 persoa por biblioteca e quenda de traballo, no caso daqueles que conten cun horario extraordinario de apertura.
Residencias universitarias e/ou colexios maiores:
-1 persoa por edificio e quenda de traballo.
 
Como se pode observar moi inferiores, no que se refire ao PAS, aos sinalados pola Xerencia da UDC. O día 19, mediante a Resolución Reitoral do 18 de marzo o sr. Armesto procede a decretar os servizos mínimos que o xerente, ao principio da reunión
"negociadora", anunciara se ían aplicar. En definitiva, non houbo negociación.
 
Temos coñecemento, por outra parte, que a USC sinalou uns servizos mínimos moito menos restritivos que os decrtados na UDC.
 
Esta circunstancia evidencia que a institución (que
determina os mesmos servizos mínimos que a Xunta de Galicia na folga do día 24 de outubro de 2013) non está verdadeiramente a favor da folga, poñendo os mesmos impedimentos que o PP, para que todas e todos as traballadoras e traballadores da universidade poidamos manifestar o noso compromiso coa universidade pública que, por outra parte publicamente tanto defende (de boquiña) o noso reitor. A quen ten medo o sr. reitor?.
 
Por outro lado tamén nos decepciona (unha vez máis) o comportamento dos sindicatos que acordaron, na Universidade de Vigo estes mesmos servizos mínimos o que avalou a posición do reitor da UDC, pero que tamén dan por bo os establecidos polo propio PP cando os sinalou no ano 2013. En definitiva a pseudo representación de traballadoras e traballadores limita o exercicio do dereito de folga.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript