Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 265 - 23/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADES GALEGAS
 

O día 24 folga na universidade

Malia que a crise non ten ningunha orixe no gasto público, educativo ou sanitario, os gobernos neoliberais cargan todas as súas consecuencias sobre a clase traballadora recortando dereitos e eliminando, na práctica o gasto social.

 

  • Noticias relacionadas

Mentres que a banca non cesa de recibir todo tipo de axudas por parte do Estado, a universidade estase a enfrontar a unha agresión inédita e continuada por parte dos gobernos central e autonómico. Os recortes contra o ensino superior público, que xa tiña moitas carencias en períodos de boom económico, van encamiñados a afogalo de xeito definitivo.
 
Estamos a asistir a un proceso de desmantelamento da universidade pública, todas as medidas gobernamentais dos últimos anos están dirixidas nese camiño: subas de taxas, redución de bolsas, recorte nos orzamentos (obrigando ás universidades a competir e buscar no capital privado o que o Estado non lles destina), nulas taxas de reposición e lexislacións como o coñecido decreto de 3+2 crean o espazo idóneo para a implantación e crecemento das universidades privadas.
 
A Universidade non traballa para formar persoas coa perspectiva de satisfacer necesidades sociais, senón todo o contrario. A educación superior converteuse no que sempre quixo a patronal, dado que se está a traballar para formar persoas, basicamente para o que requira as necesidades do mercado laboral do momento.
 
Como parte da Comunidade Universitaria estamos obrigadas a responder a este paquete de medidas e a mobilizarnos para reverter a situación. Aínda que non se tivo en consideración ao persoal de administración e servizos, á hora de facer a convocatoria conxunta das tres universidades públicas galegas, entendemos que a unidade e a loita son imprescindibles.
 
Chamámosvos, polo tanto, a secundar a folga do día 24 e participar nas manifestacións convocadas ese mesmo día:
 
Na Coruña:   Saída ás 11:30 da Praza de Pontevedra
En Ferrol:      Saída ás 11:30 da Praza de España.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript