Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 265 - 23/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  EXPLOTACIÓN LABORAL
 

A "carne de obreir@" en España cada vez máis barata: O custo laboral das empresas cae outro 0,5%

O custo laboral medio por traballador e mes (que inclúe as remuneracións e as cotizacións sociais) ascendeu a 2.638,8 euros no cuarto trimestre do ano pasado, o que supón un descenso do 0,5% respecto ao mesmo período de 2013, informou este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE).

 

  • Noticias relacionadas

 

Con este descenso interanual no cuarto trimestre de 2014, o custo laboral encadea catro trimestres consecutivos en negativo. Ademais, a diminución do cuarto trimestre foi máis pronunciada que a dos tres trimestres anteriores (-0,2% no primeiro, -0,1% no segundo e -0,4% no terceiro).
 
O custo laboral componse do custo salarial e dos outros custos. No cuarto trimestre do ano pasado, o custo salarial (que comprende todas as remuneracións, tanto en metálico coma en especie) baixou un 0,2% respecto ao cuarto trimestre de 2013, ata situarse en 1.991,84 euros por traballador e mes.
 
Excluíndo o factor variable dos salarios (pagamentos extraordinarios e atrasados) obtense o custo salarial ordinario, que no cuarto trimestre creceu un 0,1%, ata os 1.628,75 euros.
 
Os outros custos (custos non salariais) alcanzaron no cuarto trimestre de 2014 os 646,96 euros, cun descenso interanual do 1,5%. O compoñente máis importante dos outros custos son as cotizacións obrigatorias á Seguridade Social, que totalizaron 584,52 euros, un 1,8% máis que no cuarto trimestre do ano anterior.
 
O segundo elemento importante dos outros custos son as percepcións non salariais, que baixaron un 18,3% no cuarto trimestre debido á caída das indemnizacións por despedimento e das outras percepcións non salariais (indemnizacións por fin de contrato, roupa de traballo, pagamentos compensatorios).
 
Pola súa banda, as subvencións e bonificacións, tamén incluídas nos outros custos, aumentaron un 18,3% en taxa interanual.
 
Axencias

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript