Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 265 - 23/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Hai alguén aí?
Os sindicatos con teórica presenza no PAS non acudiron ás eleccións convocadas para o Claustro. A xeneralidade teñen como ámbito de actuación o PDI e o PAS. Hostiazo lles meteron os docentes ao nin sequera convidalos á presentación da folga do día 24. Concorrerán ás eleccións sindicais próximas?

 

Futuro imperfecto
Paréceme que a negociación da RPT acabará mal. Cando o silencio é tan espeso arredor dunha negociación sempre acaba en concesións. Despois virán as explicacións, se as hai, sinalando que “se consegue un ben máis alto, aínda que se prexudique a unhas poucas compañeiras”, “é o comezo, posteriormente amañaremos o que sexa preciso”..., todas sabemos que se se transixe a vindeira vez cederemos máis, e máis e máis...

Grecia
Non é só que os "países acredores" (ou mellor, os gobernos que representan ao capital financeiro deses países) queiran cobrar. Syriza non se nega a pagar a débeda lexítima... É que ademais queren impoñer todas as condicións para ese pagamento, e para a vida do pobo grego. Queren que o país sexa unha ganga poboada de famentos, para que o gran capital poida facer negocios máis lucrativos. E o que vote o pobo súalla.
Todos os demócratas de Europa temos que estar hoxe con Grecia e en contra das corruptas institucións da UE.
Saúde!

Traballar todos
A alternativa ideal sería recortar as horas de traballo. Temos un montón de máquinas que fan un montón de traballo por nós, e un 25% de poboación activa no paro... e seguimos traballando 40 horas á semana, como hai un século! É absurdo! Repartamos o traballo, traballemos todos menos, e gocemos máis da vida. Só necesitamos... cargarnos o Capitalismo.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript