Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 265 - 23/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Reunión da Xunta de Persoal e negociación da RPT

O pasado día 17 de marzo, como xa vos anunciamos, houbo reunións da Xunta de Persoal e da Comisión negociadora da RPT. Informámosvos dos temas máis relevantes.

 

  • Noticias relacionadas

Reunión da Xunta de Persoal. Entre outras cousas tratadas:
Modifícanse a representación da Xunta de Persoal na comisión de listaxes de agarda na que se integra un representante da escala técnica, quedando constituída por:
 

-       Pilar Mahía pola escala xeral

-       Elena Orois pola escala de bibliotecas

-       Xosé Portela pola escala técnica

 
Outras decisións tomadas:
 

-       Instar á Xerencia a que se utilicen os procedementos regrados para as tomas de posesión en concursos, promocións…(esixindo que a toma de posesión no novo posto se realice desde o posto que a/o traballadora/or teña en propiedade) o que reduciría drasticamente a problemática creada coa cobertura das prazas que quedan vacantes.

 

-       Na RESOLUCiÓN DE 15 DE XULLO POLA QUE SE CONSTITÚEN AS lISTAXES DE ESPERA E SE REGULA O PROCEDEMENTO PARA A COBERTURA TEMPORAL DE POSTOS DE TRABALLO DO PERSOAL FUNCIONARIO DE ADMINISTRACiÓN E SERVIZOS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA, no 3º parágrafo do Artigo 2°. Vixencia onde di “as vacantes que se produzan serán cubertas palas persoas aspirantes que superaron as probas selectivas pala súa arde de puntuación”. Cámbiase “pola súa orde de puntuación” por “pola orde da lista”.
  

-       Cada sindicato e agrupación electoral con presenza na Xunta de Persoal e coa finalidade de ter un criterio unificado arredor do concepto de “mellora de emprego” presentará na vindeira reunión a súa análise das circunstancias que deben recollerse neste epígrafe. 

RPT
 
Despois da análise correspondente acórdase por unanimidade d@s presentes (nese momento estaban
na reunión: APA, CIG, CSIF) rexeitar a “proposta definitiva” enviada polo xerente.
 
Posterior reunión co xerente para “negociar” a RPT
 
Despois de escoitar o rexeitamento xeneralizado que a proposta suscita entre na representación do persoal, a Xerencia intentará adecuar as súas formulacións comprometéndose a enviar outra proposta que contemple a súa posición definitiva.

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript