Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 265 - 23/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Proposta de RPT. Posición da APA

O día 17, na reunión da Xunta de Persoal e posteriormente na reunión realizada coa Xerencia a APA sinalou que rexeitaba a proposta de RPT remitida polo xerente, debido a:

 

  • Noticias relacionadas

  1. Contempla postos que non se reflectían na proposta incial:
    A praza 44 Administrador/a de servizos  xerais e análise de custos.
     
    Na escala técnica, aparecen prazas de xefatura ou coordinación sen o complemento económico correspondente.

    Exemplos:
    A praza 21. Xefatura da unidade (Normalización Lingüística) Crea subrepticiamente a praza de xefatura sen dotala economicamente CD 24 e CE 25.
    A praza 110 de Coordinador do Servizo de Prevención ten o CD 25 e CE 26.
    A praza 187 Técnico de I+D/Coordinador/a OTRI CD 24 e CE 25.
    A praza 230 Técnico superior – coordinador/a CIT CD 24 e CE 25.
    O normal nas xefaturas de servizo é CD 28 e CE 29
     
  2. Barrado dos postos de traballo da escalas técnica:

    Rexeitamos a discriminación que supón que a xeneralidade do grupo A1 non figure barrado a dous subgrupos (A1/A2). Rexeitamos a intención que se esconde detrás desta medida que non é máis que permitir á Xerencia de turno convocar as prazas a quenda libre.
    Mentres que, por exemplo, a praza 42 Vicexerente/a A Coruña está barrada a A1/A2, a totalidade de prazas A1, da escala técnica, non o estan, (
    ese posto 42 ten CD 28 e CE 30A, complementos aos que non chegan nin de lonxe os postos A1 da escala técnica). Circunstancia semellante aparece con prazas como as de Director/a de biblioteca… que tamén están barradas a 2 grupos A1/A2
     
    Queremos que todas a RPT teña o mesmo tratamento tendo todas as escalas o mesmo procedemento de ocupación das prazas que ten a escala xeral.
     
  3. Rexeitamos a proposta da Xerencia porque contempla a adscrición á escala xeral de varios postos.
    Insistimos na nosa consideración: a proposta, tal e como se presenta, é inaceptable porque non contempla todas as categorías susceptibles de se integrar na escala xeral. Unha modificación do calado que sinala precisa ser analizada e aprobada en asemblea.
     
  4. Tendo en conta o sinalado polo servizo e as traballadoras afectadas non aceptamos que no Servizo de Investigación se estableza como mérito o coñecemento de inglés ao non estar xustificado. Tampouco aceptamos o cambio de denominación e funcións de dous postos de traballo, por certo xa impostos de facto mediante resolución da Xerencia sen consulta á Xunta de Persoal e modificando, de facto a RPT en vigor. 

 

  1. Non aceptamos que a universidade incumpra o recollido nos Estatutos e non proceda a homologar os complementos de Técnicos especialistas en informática aos que se recollen na RPT de ANTEGA e os Postos base C1 ao que se recolle na RPT da Universidade de Compostela.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript