Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 265 - 23/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE
 

Conflito na sanidade de Vigo

Con tres traballadores en folga de fame, máis dun millar de persoas maniféstanse en Vigo contra os despedimentos no hospital de Povisa.

 

  • Noticias relacionadas

 

No propio hospital de Povisa Chus Neira, acompañada polos seus compañeiros do Comité de Empresa en folga de fame, explícanos as razóns que os levaron a tomar unha medida tan radical: "para defender os postos de traballo que a dirección pretende destruír" Cren que "é inconcibible que unha empresa con beneficios millonarios, na que os seus directivos se subiron o soldo un 75% no ano 2012 sigan despedindo traballadores". Sinalan que a folga de fame é "por todos os pacientes que ingresan en Povisa cada ano e que merecen unha atención de calidade, co persoal preciso,"
 
Povisa é un hospital privado de Vigo, que goza dun suculento concerto sanitario co SERGAS (Sanidade Pública da Xunta), que lle achega a gran maioría de pacientes. A empresa leva intentou nos últimos anos maximizar beneficios a custa de recortes en dereitos laborais e tamén con reducións de persoal ás que se sumarán trece traballadores que serán despedidos nos próximos días, a pesar de que a renovación do contrato co SERGAS garántelle a Povisa 75 millóns de euros ao ano ata 2024.
 
O pasado venres, máis dun millar de persoas percorreron as principais rúas da cidade nunha manifestación de apoio aos traballadores, cando xa iniciaran tres deles a folga de fame. Ao inicio desta, Luz, do Comité de Empresa, explicaba aos medios o conflito e a situación dos seus compañeiros en folga de fame, denunciando as coaccións ás que son sometidos, entre elas impedirlles descansar pola noite.
 
As e os traballadores contan co apoio explícito de practicamente todos os sindicatos, partidos políticos e movementos sociais e asociativos.
 
https://youtu.be/J3Xs0uZLW9E
 
Ao finalizar a manifestación leuse un comunicado no que os traballadores de Povisa denuncian que levan " máis de 6 anos sufrindo despedimentos, reducións de xornada, quendas que non deixan conciliar a vida laboral e familiar, e a redución de salarios ata un 22% ". No comunicado sinalan que Povisa "fai da saúde un negocio", e acusan a Xunta e o PP de permitilo.
 
https://youtu.be/3sFXOuXC_8w
 
Dende o Comité de Empresa lanzaron unha campaña nas redes sociais co hashtag #StopDespedimentosEnPovisa (Stop despedimentos en Povisa), na que inclúen este video: https://youtu.be/Xrf6IOMXS-Unidade de masa atómica
 
FOTOS Manifestación: https://www.facebook.com/Iker.Ilker...

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript