Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 265 - 23/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  INTERNACIONAL
 

Grecia crea unha comisión de expertos para auditar a súa débeda pública

Zoé Constandopulu, presidenta do Parlamento grego, informou da creación dunha comisión mixta internacional, que contará con diversos expertos que levarán a cabo unha auditoria da débeda pública e que será coordinada polo politólogo belga Éric Toussaint.

 

  • Noticias relacionadas

 

Constandopulu destacou que Grecia debe realizar unha auditoría da súa débeda "para saber que parte desta débeda foi utilizada para o ben común e polo tanto, é legal e debe ser pagada e que parte foi malgastada e polo tanto, é ilegal.
 
Éric Toussaint, voceiro do Comité para a Anulación da Débeda do Terceiro Mundo explicou que os créditos para pagar contratos que se demostraron que son fraudulentos, como os da multinacional alemá Siemens, forman parte do que sería a débeda ilegal.
 
A comisión de expertos empezará a traballar a principios de abril e presentará o seu informe a finais de xuño nunha conferencia internacional sobre a débeda.
 
"Trátase da primeira comisión de auditoria de débeda que se forma en Europa", subliñou a eurodeputada de Syriza Sofía Sakorafa, que será a encargada de comunicar a Bruxelas as conclusións desta análise.
 
O principal argumento do Goberno de Alexis Tsipras é que a débeda grega, tal e como é agora, non é viable.
 
HV

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript