Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 264 - 16/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
 

Informe da Comisión Galega de Bioética sobre a Desigualdade na Asistencia

O Informe da Comisión Galega de Bioética sobre a Desigualdade na Asistencia (cuxa publicación foi bloqueada pola Consellería de Sanidade o que desencadeou a dimisión de 7 membros da mesma), vén corroborar o que vimos denunciando desde fai tres anos:

 

  • Noticias relacionadas

  1. Que o Real Decreto Lei 16/2012 de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde atenta contra a universalidade a equidade e a accesibilidade á asistencia sanitaria.
     
  2. Este cambio na lexislación, esta xerando desigualdades inxustas e inaceptables, eticamente, desde a óptica sanitaria, xurídica e social.
     
  3. A necesidade imperiosa de derrogar este instrumento legal que pretende reducir gasto sanitario, a costa de recortar o dereito fundamental á saúde de todos e todas as cidadás e cidadáns, teñan ou non traballo ou a posibilidade de cotizar como as persoas inmigrantes ou a mocidade en desemprego.
  
Desde a nosa Asociación queremos denunciar a incapacidade da actual Xunta de Galicia de tolerar a menos crítica, aínda que proveña dunha Comisión cuxos membros foron elixidos pola propia Consellería (o que supón que son da súa confianza) e que reflicte unha situación de fraxilidade política e deterioro ético incompatibles coa función de xestionar o sistema sanitario público galego.
 
12 de marzo, de 2015
 
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública -AGDSP.
 
Informe da Comisión Galega de Bioética sobre a Desigualdade na Asistencia, | aprobado o 17 de Setembro de 2014. | Ocultado pola Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, perante todos estes meses | 16 páxinas en formato pdf | Acceder/Baixar.
 
O asunto na rede a través do buscador libre (gnu-linux): DuckDuckGo.
 
Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
13 de março de 2015 01:06

http://www.plataformadspferrol.blogspot.com
 
Recollido de
Ártabra 21

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript