Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 264 - 16/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADES GALEGAS
 

O día 24 folga na universidade

A Xunta de Persoal Funcionario e o Comité de Empresa de Persoal Laboral, en reunión realizada o martes día 10 de marzo decidiron, de xeito unánime, convocar folga de todo o PAS da Universidade para o día 24, coincidindo coa que, á súa vez, convocaron os sindicatos maioritarios en representación do PDI e as asociacións de alumn@s en representación do estudantado.

 

  • Noticias relacionadas

Como xa vos informamos na presentación da convocatoria realizada por PDI e alumnos non se incluíu ao PAS, feito que, ao noso entender, evidencia a idea patrimonialista que certa parte do colectivo de PDI ten da Universidade e do menosprezo que esa parte ten do sector que da denominada Comunidade Universitaria.corresponde ao PAS.
 
Pese a todo o anterior , entendemos que o motivo da convocatoria atínxenos directamente e a responsabilidade esíxenos participar, de xeito activo na convocatoria dunha folga que se convoca como resposta ás políticas de afogamento económico e directamente privatizadoras deseñadas desde os gobernos central e autonómico.
 

 
A Comunicación tanto á Xerencia da universidade como á autoridade laboral xa está realizada, os motivos aducidos para a convocatoria son:
 
“1. Asfixia económica e a falta de autonomía á que os gobernos central e autonómico someten á Universidade.
2. A imposición de taxas de reposición que supoñen un impedimento para o normal desenvolvemento das nosas responsabilidades.
3. A aprobación do Real Decreto 43/2015, polo que se modifica o Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, que establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, así como o Real Decreto 99/2011, de 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, (Decreto 3+2) que baleira de contido os graos para incrementar a duración dos mestrados.nos que, polo custo, moitas mozas e mozos non poderán matricularse.
4. As políticas de incremento de taxas e diminución das bolsas que impiden a moitos mozos e mozas matricularse nos estudos superiores.”
 
O PAS demos exemplo na defensa dos servizos públicos e, especialmente da universidade pública, asinando todos os pronunciamentos que, a este respecto, se realizaron desde os órganos de goberno da universidade, reclamamos, tamén, máis implicación e máis contundencia tanto do goberno da universidade como do resto da comunidade universitaria nesta defensa, mobilizándonos de xeito reiterado por este motivo.
 
Tócanos agora dar un paso máis participando na folga convocada o día 24 de marzo. O PAS VAI!

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript