Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 264 - 16/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  STOP DESAFIUZAMENTOS
 

As execucións hipotecarias en primeira vivenda subiron un 7,4% en 2014

Durante 2014 producíronse 34.680 execucións hipotecarias de inmobles cuxos propietarios os usaban para vivir, é dicir, era a súa primeira vivenda. O dato, publicado polo Instituto Nacional de Estatística (INE), supón un incremento do 7,4% das execucións hipotecarias sobre primeira vivenda respecto a 2013.

 

  • Noticias relacionadas

O INE non detalla cantos casos remataron co lanzamento dos seus propietarios. O último trimestre do ano foi peor que o mesmo período de 2013, cun 2,9% máis de execucións hipotecarias de vivenda habitual, paso previo aos desafiuzamentos.
 
A execución hipotecaria é un procedemento polo que se ordena a venda dun inmoble sobre o que pesa unha hipoteca, pola falta de pagamento do debedor. A execucións sobre vivenda habitual en propiedade supuxeron o 77,6% do total de execucións rexistradas o ano pasado. Atendendo á cifra total, no conxunto de 2014 iniciáronse 119.442 certificacións por execucións hipotecarias, un 9,3% máis que en 2013.
 
En Galicia rexistráronse 1.068 execucións hipotecarias de primeiras vivendas o ano pasado (unhas 3 ao día). Sobre desafiuzamentos discutiuse estes últimos días no Parlamento de Galicia, onde o grupo do PP cortou o paso a unha iniciativa da oposición na que se pedía a paralización de todas as execucións hipotecarias en curso para evitar así que familias enteiras, moitas veces con menores ao seu cargo, queden na rúa sen ningún tipo de protección.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript