Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 264 - 16/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Pre campaña
Estamos en pre campaña para as eleccións sindicais, os sindicatos deciden convocar folga, mágoa que se esqueceron dos “traballadores”, iso demostra a verdadeira cara dun sector para o que o noso colectivo, por certo prescindible, estamos nada máis que para servilos, séntense os amos, no pasado fórono, no presente tamén o son. Qué dirán os que comparten con eles afiliación sindical, para que serve?.

 

Inimigos aglutinadores
Perdida a referencia ao terrorismo, o poder está á procura doutro elemento aglutinador, diminúe a referencia a Cuba e increméntase a de Venezuela, comezan agora co tema dos asubíos na final da copa do rei. Todo serve para utilizar ese inimigo aglutinador que nos impida ver a realidade cotiá da corrupción, precariedade, desemprego... á que nos someten os que ostentan o poder.

Que medo
Canta caspa, canta brutalidade cavernaria, que cutrerío e que espanto de representantes da lei. Estes son os que nos coidan? Que medo. Rajoy cargouse o país de arriba abaixo e abriu a porta de par en par ao crime organizado. Coa venia das súas señorías e dos seus votantes. Eu non me resigno.

Rematar cos que mandan
A longa crise económica que sofre unha parte considerable da poboación logrou ir destapando toda unha serie de trampas e mentiras que crían resoltas os que dirixiron realmente a chamada transición política do franquismo, na que o pobo rematou de comparsa.
As crises son moitas, e coas crises debemos rematar, poñendo en primeiro lugar a porta aberta para largar cos nosos votos ós responsables políticos desta montaxe, para despois poder rematar cos que "mandan" realmente no noso país dende hai séculos.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript