Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 264 - 16/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA
 

USC. Instrución de vacacións, xornada permisos…

Nun PASquín anterior informámosvos do acordo entre a representación d@s traballador@s da Universidade de Compostela e a súa Xerencia para modificar a instrución de xornada, horario, vacacións e permisos para 2015. O xerente da USC ven de publicar a nova INSTRUCIÓN IV/2015 DA XERENCIA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA RELATIVA AO CALENDARIO DE FESTAS, VACACIÓNS, PERMISOS E HORARIO DO PERSOAL DE ADMINISTRACiÓN E SERVIZOS PARA O ANO 2015.

 

  • Noticias relacionadas

Cuestións salientables:
 
Días de asuntos particulares e permisos
 
Aos 11 días que de xeito xeral temos todas e todos nós eles engaden:
 
* Tres días ao longo do ano natural por razóns de conciliación da vida laboral coa familiar e persoal.
 
* Na semana na que se celebran as festas de ámbito local de San Froilán, en Lugo, e a Ascensión, en Santiago de Compostela, o persoal poderá gozar de un día máis garantindo sempre o normal funcionamento dos servizos.
 
O que representa unha suma de 15 días
 
7. 2 Xornada de verán:

No período comprendido entre o 15 de xuño e o 14 de setembro:
 
Centros con apertura de mañá e tarde:
A xornada desenvolverase en quenda de mañá nun horario de 8.45 a 14.45 horas e, en quenda de tarde, de 14.45 a 20.45 horas.
 
Centros e servizos con apertura unicamente en quenda de mañá terán o seguinte horario:
* Nos meses de xullo e agosto: de 8.45 a 14.30 horas
* Do 15 ao 30 de xuño e do 1 ao 14 de setembro: de 8.45 a 15.15 horas
 
7.3 Xornada en Semana Santa e Nadal
 
Con carácter xeral, nos períodos de Semana Santa e Nadal (período comprendido entre o 21 de decembro e o 5 de xa neiro, ambos inclusive), a xornada será de 30 horas de traballo que se desenvolverá, para o persoal en quenda de mañá nun horario de 8,45 a 14,45 horas e para o persoal en quenda de tarde de 14,45 a 20,45 horas.
 
Os centros docentes e as bibliotecas permanecerán abertos de 9 a 20,30 horas.
 
Das modificacións negociadas das que xa vos informamos pasamos documentación ao xerente que se comprometeu a estudalas, tamén informaremos deste documento e reclamaremos a súa extensión ás traballadoras e traballadores da nosa universidade.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript