Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 264 - 16/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  MARCHAS DA DIGNIDADE - FERROL
 

As Marchas da Dignidade, volven a Madrid o sábado 21 de marzo

Hai un ano, o 22 de marzo do 2014, un millón de persoas manifestabámonos en Madrid convocadas por centos de organizacións sociais, sindicais e cidadáns para protestar pola situación de explotación, miseria, recortes e ataques aos dereitos máis básicos que estamos a atravesar.

 

  • Noticias relacionadas

Alí estivo a Columna Galega das Marchas da Dignidade apoiando a necesidade de combater tanta agresión. Agora, de novo, miles de persoas dos diferentes territorios e nacións do estado, e centos de loitas e causas xustas berraremos “a pan traballo e teito o pobo ten dereito!. En Madrid a Columna Galega partirá andando da estación de tren de Chamartín ás 15:00hs até os xardíns do Descubrimento, na zona de Colón (6,4 km) onde rematará a marcha con un gran acto final onde confluirán na Praza de Colón, ás 6 da tarde (18:00hs) todas as Marchas que proceden dos diferentes territorios e nacións do Estado.
 
Prezo do AUTOBÚS A MADRID (Ida/Volta): 28 euros | Saída ás 6 da mañá do sábado 21 de marzo, DESDE FERROL, da Praza Dez de Marzal, entre as Casas Baratas e As Pías, pasando por Caranza, Fene e Cabanas e volta desde Madrid entre as 11 e 12 da noite
 
Telef. das Marchas da Dignidade Ferrolterra para anotar-se nos Autobuses: 603 213 863
 
De interese:

  • Buses de 55 prazas, adaptados para o aceso de persoas con mobilidade reducida que usen cadeira de rodas, cómodo, con baño, neveira pequena para quen queira poñer arrefriar algo e cafeteira.
  • Prezo do billete (ida e volta) 28 euros.
  • Límite para anotarse 19 de Marzo ás 18:30 horas.
  • Límite para anotarse as persoas que usen cadeira de rodas 17 de Marzo ás 18:30 horas.
  • Quen queira vir nos autobuses ten que dar o seu nome e un teléfono de contacto.
  • A cada marchista se lle entregara un billete e unha folla de ruta con todos os datos básicos e os números de telefono das persoas responsábeis de cada autobús.
  • SAÍDA ás 06:00hs do sábado 21 de Marzo desde a praza "10 de marzal" en Ferrol (entre as Pías e as casas Baratas).
  • PARADAS para recoller a marchistas: Caranza, Fene e Cabanas.
  • MANIFESTACIÓN cando cheguemos a Madrid concentrámonos a Columna Galega na estación de Chamartín e saímos andando até Colón, son sobre 6,4 Km. Onde se finalizará a Marcha .
  • VOLTA entre as 23:00 e as 24:00 do sábado 21 de marzo.
  • Recomendacións calzado cómodo, mirar a predición do tempo en Madrid para saber a roupa de abrigo a levar, levar bocadillos e auga.

 
Marchas da Dignidade Ferrolterra
 
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
 
marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com
 
Telefono: 603 213 863

Vindeiros eventos das Marchas da Dignidade Ferrolterra
:

Enviado por:
André M. Ces
-andre.martinez.ces@gmail.com-
13 de março de 2015 00:28
 
Recollido de
Ártabra 21

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript