Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 264 - 16/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  MARCHAS DA DIGNIDADE
 

A Columna Galega das MMdD dencuncia a Fomento e a Renfe

Despois de ter preacordado con Renfe a contratación de dous trens charter para viaxar a Madrid o vindeiro 21 de marzo, a dirección desta empresa, asumindo directrices políticas da Ministra de Fomento e utilizando diversos estrataxemas, vólvese atrás para intentar impedir que os Galegos e galegas estemos presentes nas Marchas da Dignidade.

 

  • Noticias relacionadas

Manolo Camaño, un dos portavoces da plataforma galega das MMdD, nun acto abarrotado de público celebrado onte en Vigo, onde tamén interviron Diego Cañamero e Willy Toledo, afirmou:
 
“A decisión política de Ana Pastor e os seus secuaces de impedir de que viaxemos en tren a Madrid, ímola responder aínda con máis “dignidade”. Comprometémonos desde aquí a levar o doble de xente que estaba prevista nos dous trens, e sairán autobuses de toda a xeografía galega. O 21-M, si ou si, imos ateigar Madrid”.
 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript