Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 264 - 16/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
 

Lei de Emprego Público

O neoliberalismo máis radical inspira a Lei de Emprego Público que estes días se debate no Parlamento galego, a precarización e o modelo privado instálase na Administración Pública.

 

  • Noticias relacionadas

O percorrido desta Lei non deixa de ser significativo sendo unha manifestación máis do espírito de consenso do goberno de Feijoo. Despois dunha serie de reunións nas que a representación da Xunta se limitou a transmitir aos sindicatos o Proxecto de Lei, o presentado no Parlamento e actualmente en trámite difire do que no seu día se lle presentara á representación das traballadoras e traballadores.
 
Para o voso coñecemento e análise presentámosvos o Proxecto publicado no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia ao que engadimos as emendas
á totalidade presentadas polos grupos da oposición.
 
Seguiremos informando

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript