Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 263 - 09/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  STOP REPRESIÓN
 

Basta de represión contra o pobo traballador

A escalada represiva por parte do Estado e os seus aparatos non cesa. Neste momento onde a crise se agudiza, intensifícase tamén a represión contra toda aquela persoa que se organice para mellorar as súas condicións de vida.

 

  • Noticias relacionadas

A semana pasada eran xulgados 7 estudantes en Ourense por participar nunha folga en outubro de 2012. Pídenlles ata 5 anos de cadea por se mobilizaren contra os brutais recortes no ensino que non fan máis que privatizar e elitizar a educación.
 
Asemade, a vindeira semana, comeza en Barcelona outro xuízo político máis, desta volta contra Dani e Isma, mozos acusados de atentado e resistencia á autoridade, desta volta o seu delito foi participar na folga xeral do 29 de marzo de 2012.
 
Por se isto fora pouco, esta semana foi condenado a 1 ano de prisión Xurxo, veciño de Coia detido por protestar contra a colocación do barco “Bernardo Alfageme”.
 
A represión está presente en todo o país, en Pontevedra esta mesma semana un alumno foi expulsado pola Policía Nacional da súa propia clase por informar días antes da folga do 26F no seu centro de estudos.
 
Ante todo isto, as Marchas da Dignidade na Galiza queremos expresar a nosa condena á brutal represión á que o pobo traballador e as clases populares nos vemos sometidas.
 
Os poderes políticos e financeiros están nerviosos e non van permitir que o pobo organizado lles arrebatemos o poder.
 
Pedimos, unha vez máis a derrogación da “Lei Mordaza”
Xa abonda de xuízos políticos
Stop represión
 
LIGAZÓN A TODA A INFORMACIÓN SOBRE AS MOBILIZACIONS DAS MMdD CONTRA A LEI MORDAZA  EN TODO O ESTADO:
.http://marchasdeladignidad.org/24-y-25e_noleymordaza_22m/

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript