Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 263 - 09/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Pois parece que o Claustro vai servir algo

Aínda atronan nos nosos ouvidos as escusas que algún dos sindicatos que dinamizaban as respectivas candidaturas ao Claustro deu para non se presentar nas pasadas eleccións, “O Claustro non serve para nada”.

 

  • Noticias relacionadas

Para nós é imprescindible que o PAS estea presente en todos os órganos de participación da universidade pois, neste caso :
 

  • ·         O Claustro é un órgano onde o PAS pode expoñer os seus criterios e, xunto co resto da Comunidade Universitaria tomar as decisións que correspondan.
     
  • ·         O Claustro nomea representantes no Consello de Goberno que se reúne cunha frecuencia dunha vez ao mes onde se deciden aspectos tan salientables como os Orzamentos, as RPT…
     
  • ·         Por outro lado son un factor unitario de denuncia e mobilización, como se demostra coa xuntanza da representación das tres universidades galegas onde, casualmente, os mesmos sindicatos que aducen aquí a inutilidade desta representación si entenden que é imprescindible.
 
Nós imos traballar, como o viñemos facendo até agora, utilizando as dúas patas. A pata da participación nos órganos de representación da universidade (nos que, temos que lembrar, custounos moito ter unha presenza digna) onde seguiremos defendendo os dereitos das traballadoras e traballadores, decidindo co resto da comunidade o futuro da institución, e a pata da mobilización se as nosas reivindicacións non son escoitadas.

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript