Número 263- 09 de marzo de 2015
 
 

UNIVERSIDADES GALEGAS

Presentación do Manifesto pola subsistencia dun Sistema Universitario Galego público

    O pasado mércores, día 4 de marzo, a representación do PAS nos Claustros das tres universidades públicas do SUG realizamos unha rolda de prensa na Reitoría da Universidade de Compostela na que presentamos o Manifesto pola subsistencia dun Sistema Universitario Galego público no que denunciamos o afogamento financeiro ao que a Xunta somete ao ensino universitario público “até o extremo de verse incapacitado para cumprir as funcións de formación e investigación que lle son propias e que resultan imprescindibles para o desenvolvemento social e económico do noso país.”

 UNIVERSIDADE
    Aínda atronan nos nosos ouvidos as escusas que algún dos sindicatos que dinamizaban as respectivas candidaturas ao Claustro deu para non se presentar nas pasadas eleccións, “O Claustro non serve para nada”.
UNIVERSIDADE

    O pasado venres, día 6, coa constitución das mesas electorais e a aprobación do calendario electoral deuse comezo ao proceso electoral que rematará o día 6 de maio coa votación nos lugares e mesas das que xa vos demos información.

LIGA ESTUDANTIL GALEGA

    O pasado 26 de febreiro, milleiras e milleiros de estudantes saímos á rúa a berrar cunha soa voz en contra da privatización e destrución do ensino público. Co foco principal apuntando á reforma do 3+2, fomos centos as activistas que nos encargamos de garantir o dereito á folga das nosas compañeiras, nunha xornada de folga cun exitoso seguimento. Aulas baleiras e prazas de vilas e cidades cheas foron a imaxe desta xornada.

LABORAL

    Unha das poucas defensas a prol da clase obreira que CCOO e UGT mantiveron ata hai pouco foi a súa posición contraria a desvincular os salarios da evolución do IPC. O Índice de Prezos do Consumo, para nos entender, é unha medida estatística da evolución que se dá nos prezos dos bens e servizos que consume a poboación residente en vivendas familiares.

DECRECEMENTO

    A incapacidade para pensar o futuro fóra do paradigma do crecemento económico permanente é, sen dúbida, a falta principal do discurso oficial sobre o desenvolvemento duradeiro.

STOP REPRESIÓN

    A escalada represiva por parte do Estado e os seus aparatos non cesa. Neste momento onde a crise se agudiza, intensifícase tamén a represión contra toda aquela persoa que se organice para mellorar as súas condicións de vida.

NON HAI PAN PARA TANTO CHOURIZO

    A Xustiza española ordenou este xoves a apertura de xuízo oral contra 40 imputados na maior trama de corrupción destapada en “democracia” no país e vertebrada en torno ao partido do presidente do goberno español.

• OPINIÓN - ISAAC ROSA

    Cando chove con forza, cando se desborda o río, entran en ebulición as cloacas. Estalan os sumidoiros e empeza a saír merda ao exterior, toda esa merda que habitualmente circula baixo terra, canalizada, pero que unha repentina suba das augas empurra ao exterior.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADES GALEGAS
    Os catro sindicatos presentes na Mesa Sectorial de Universidades, xunto con varias organizacións estudantís, comunicaron, en rolda de prensa realizada o día 4 en Compostela a convocatoria de folga, para o día 24 de marzo, nas tres universidades públicas galegas. Non sabemos se a convocatoria irá dirixida tamén ao Persoal de Administración e Servizos, de momento na mesa de presentación e nas alusións realizadas no acto, o PAS non estivo presente.
 UNIVERSIDADE DE VIGO
    Se no PASquín anterior informamos da instrución de xornada e horario da Universidade de Compostela, hoxe temos que dicir que a Universidade de Vigo restituíu ao PAS laboral a parte devindicada da extra de 2012 correspondente ao tempo transcorrido entre ao 1 de xaneiro de 2012 até on14 de xullo de 2012.
 MARCHAS DA DIGNIDADE
    Os compañeiros Diego Cañamero e Willy Toledo darán dúas charlas en Galicia no contexto da preparación da gran mobilización das Marchas da Dignidade que terá lugar en Madrid o vindeiro 21 de marzo.
 #15M DE MONTE ALTO
    A día de hoxe, a celebración do 8 de marzo parece unha solución de compromiso nunha sociedade que se di igualitaria e respectuosa cos dereitos da muller. A institucionalización desta celebración formatea e lima o compoñente reivindicativo e subversivo que tiña orixinariamente, reducindo o 8 de marzo en moitos casos a un ensalzamento do modelo de muller-empresa, aparentemente capaz e autónoma pero profundamente dependente das estructuras patriarcais e capitalistas imperantes.
 ELECCIÓNS POLÍTICAS
    O pasado 20 de febreiro, Ángel Gabilondo foi nomeado candidato do PSOE para a presidencia da Comunidade de Madrid. Ás súas costas contábanse dous anos como ministro de Educación, entre os anos 2009 e 2011, e unha longa traxectoria no ámbito universitario.
 LINGUA
    A Asociación en defensa da lingua faille a proposta ao conxunto da sociedade galega e solicitou reunirse co Presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixó.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   


 

     
      A DILAPIDACIÓN E A CORRUPCIÓN CÓMENNOS

       
        CHEGA O BO TEMPO

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript