Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 263 - 09/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Universidade, o obxectivo é privatizar
O problema non é o 3 +2 ou 4 + 1, senón o obxectivo subrepticio (xa descarado) de dinamitar un ensino superior público e economicamente accesible para unha maioría da poboación, b) provocando un caos regulamentario (coexistencia de plans diferentes) para c) facilitar (aínda máis) a expansión das privadas de baixa calidade (a río revolto ganancia de pescadores). Unido á asfixia económica exercida por moitos gobernos autonómicos, o efecto destrutivo é non lineal e dificilmente reversible. Ningún sistema universitario (en realidade, ningún sistema educativo nin de investigación) pode funcionar a bandazos continuos.

 

Leis e Propaganda
Os do PP: son clasistas, crueis, desalmados, desapiadados cos débiles e servís cos poderosos ("hai que evitar que quebren os bancos"). Que quebren as persoas tráellelas ao pairo. E estas leis que se sacan da chistera: a de Segunda Oportunidade ou anteriormente a Anti-Desafiuzamentos, non son máis que propaganda, afectan a moi pouca xente, ao poñer unhas condicións moi estritas para poder beneficiarse delas.

O camiño dos desafiuzamentos:
Primeiro viñeron a buscar ós parados e non dixen nada porque eu non era parado.
Logo viñeron polos que gañaban menos de 700 euros e non dixen nada porque eu gañaba máis.
Logo viñeron polos que ocupaban unha vivenda social para vendérllela a un fondo voitre e non dixen nada porque eu xa pagara a miña casa hai anos.
Logo viñeron a polos propietarios para ampliar a rúa e de paso especular co chan para levantar máis pisos.
Logo viñeron a polos xornalistas que o denunciaban e non dixen nada porque eu non era xornalista.
Logo viñeron por min pero, para entón, xa non quedaba ninguén que dixese nada.
Aquí non se salva nin deus!. Asasinárono.

Xa abonda!
Xa abonda! de vendernos a mesma moto gripada cambiándolle de cor. Non queremos motos, non queremos corruptos na vida pública, non soportamos que o BOE se converta no catecismo desta España do nacional catolicismo. Aquí ben cabe dicir que somos máis papistas que o Papa. O mesmo Bergoglio dixo que non é necesario ser crente para ser unha boa persoa, que millóns de seres humanos foron grandes sen ser crentes e pola contra outros moitos foron crueis e viláns por selo.
Que sinxela é a vida cando nos despoxamos de prexuízos verdade?...

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript