Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 263 - 09/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADES GALEGAS
 

Presentación do Manifesto pola subsistencia dun Sistema Universitario Galego público

O pasado mércores, día 4 de marzo, a representación do PAS nos Claustros das tres universidades públicas do SUG realizamos unha rolda de prensa na Reitoría da Universidade de Compostela na que presentamos o Manifesto pola subsistencia dun Sistema Universitario Galego público no que denunciamos o afogamento financeiro ao que a Xunta somete ao ensino universitario público “até o extremo de verse incapacitado para cumprir as funcións de formación e investigación que lle son propias e que resultan imprescindibles para o desenvolvemento social e económico do noso país.”

 

  • Noticias relacionadas

Como persoas con responsabilidade de representación nos órganos das tres universidades galegas, como traballador@s público@s das universidades galegas, como cidadadás e  cidadadáns:

 

  • Reclamamos aos órganos de goberno da universidades, aos reitores e ao persoal das universidades galegas en xeral: unha reflexión sobre a universidade que necesita o país, que asumamos a responsabilidade de pensar e defender a universidade pública galega a medio e longo prazo, romper as dinámicas conxunturais que levan ás universidades a pensar unicamente no acuciante presente.
     
  • Chamamos a asumir a responsabilidade de defender a UNIVERSIDADE  PÚBLICA, non so na conxuntura do aquí e agora, senón pensando unha universidade para  Galicia a medio e longo prazo.
     
  • Instamos aos reitores e aos equipos de goberno das tres universidades do SUG a reclamar o financiamento que lles permita sobrevivir, comezando polo reintegro do aforro por recortes salariais nos últimos 3 anos que todas as administracións, agás as universidades, dedicaron a enxugar débeda propia.
     
  • Reclamamos tamén, dos reitores e dos equipos de goberno das tres universidades do SUG, acadar unha posición de unidade, marcándose como obxectivo prioritario harmonizar a posición unitaria das mesmas, que evite a competencia e o conflito entre elas e reforce unha posición ética do Sistema Universitario Galego, fronte as políticas da Xunta de Galicia que perseguen claramente cambiar o modelo de Universidade Pública, de prestixio, por outra de tipo asistencial, promovendo a creación de máis universidades privadas.

 

Agardamos que se sumen a este Manifesto @s representantes dos alumnos e do PDI.
 
A rolda de prensa nalgúns medios:
 
Praza Pública
Europa Press
El Correo Gallego
La Voz de Galicia
20 Minutos
TVG

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript