Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 263 - 09/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  MARCHAS DA DIGNIDADE
 

Diego Cañamero e Willy Toledo en Galicia

Os compañeiros Diego Cañamero e Willy Toledo darán dúas charlas en Galicia no contexto da preparación da gran mobilización das Marchas da Dignidade que terá lugar en Madrid o vindeiro 21 de marzo.

 

  • Noticias relacionadas

A primeira delas terá lugar o vindeiro luns 9 de marzo, ás 19:30h, no CÍRCULO DE ARTESÁNS da Coruña, podes descargar o convite a este acto nesta ligazón.
 
A segunda terá lugar o día seguinte, martes 10 de marzo, ás 20h, no CENTRO CÍVICO DE TEIS, en Vigo. Nesa xornada, Diego e Willy compartirán faladoiro con Mónica Camaño, Tareixa Otero e Xulia Alonso. Oodes descargar o cartaz nestoutra ligazón.
 
O compañeiro Diego Cañamero (Málaga, 1957), dirixente do SAT e do SOC, é o máximo referente do movemento obreiro andaluz, e concibe a loita sindical como unha praxe integral que debe atender todos os conflitos que atinxen a clase traballadora –non só a laboral, tamén a social, a cultural, as problemáticas da vivenda e da droga, etc- desde unha praxe revolucionaria, é dicir, mediante a mobilización continua e a acción directa, como no caso das ocupacións de fincas latifundistas.
 
Pola súa parte, o actor Willy Toledo (Madrid, 1970) é un exemplo de compromiso coa construción do poder popular no Estado Español desde o ámbito da cultura. Willy Toledo ten amosado en multitude de ocasións o seu firme apoio aos procesos revolucionarios en América Latina e á Revolución Cubana ao prezo de se converter nunha diana para os ataques da caverna mediática española e de ser sometido á censura e á proscrición no seu oficio.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript