Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 263 - 09/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADES GALEGAS
 

O día 24 de marzo, folga nas tres universidades públicas de Galicia

Os catro sindicatos presentes na Mesa Sectorial de Universidades, xunto con varias organizacións estudantís, comunicaron, en rolda de prensa realizada o día 4 en Compostela a convocatoria de folga, para o día 24 de marzo, nas tres universidades públicas galegas. Non sabemos se a convocatoria irá dirixida tamén ao Persoal de Administración e Servizos, de momento na mesa de presentación e nas alusións realizadas no acto, o PAS non estivo presente.

 

  • Noticias relacionadas

Que se ignore a unha parte da comunidade universitaria nunha convocatoria realizada para, en definitiva reivindicar e poñer en valor a universidade pública fronte aos intentos privatizadores e de converter á universidade pública en meramente asistencial, parécenos impropio dos sindicatos que promoven a acción reivindicativa.
 
Atácase á universidade pública desde varias frontes, por un lado mediante a súa asfixia económica, con leis e decretos como o denominado 3+2 que baleiran de contido os graos para incrementar a duración dos mestrados, tamén mediante o incremento das taxas e a diminución das bolsas.
 
O Persoal de Administración e Servizos somos parte da Comunidade Universitaria, somos parte interesada e comprometida coa universidade pública e de calidade que reivindicamos. Non aceptamos que se nos marxine, de ningún xeito, dunha convocatoria que concorda cos principios que defendemos. Por este motivo a APA remitiu unha convocatoria de reunión urxente e conxunta do Comité de Empresa e Xunta de Persoal para analizar a situación e proceder á convocatoria de folga no noso colectivo que coincida no tempo coa convocada polo PDI e alumnos.

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript