Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 262 - 02/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  ASOCIACION GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
 

Recortes na Lei de Interrupción do Embarazo

Ante a proposta do grupo parlamentario do Partido Popular nas Cortes Españolas de modificar a Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo desde a Asociación Galega para Defensa dá Sanidade Pública queremos manifestar:

 

  • Noticias relacionadas

 

  1. O noso rexeitamento á esixencia do consentimento expreso de quen exercen a patria potestade nas mozas de 16 a 18 anos, por que limita o acceso ao dereito ás mesmas á interrupción voluntaria do embarazo.
  2. Este cambio deixaría desprotexidas as mozas en situacións de risco social e familiar, ao atrasar a intervención ou a obrigalas a realizala na clandestinidade, poñendo en risco a súa saúde física e psicolóxica.
  3. O que fai a lei actual é facilitar que estas poidan acudir soas si existen motivos fundamentados, coa finalidade de protexelas ante situacións de desamparo familiar, malos tratos ou abusos sexuais no seo familiar.
  4. O Partido Popular mente ao afirmar que a lei vixente priva aos proxenitores da posibilidade de acompañar e orientar ás menores, dado que unicamente o 12% deste colectivo non lles informan.
  5. Ese cambio lexislativo baseado en falsidades pretende congraciar ao PP co seu electorado, a costa dos dereitos das mulleres máis novas e vulnerables.
  6. Desde a AGDSP esiximos ás autoridades sanitaria da Xunta de Galicia que se opoñan a este vergonzoso e vergonzante cambio lexislativo.

  Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
.

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript