Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 262 - 02/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  MARCHAS DA DIGNIDADE DA GALIZA
 

As Marchas da Dignidade mobilízase

O día 25 as Marchas da Dignidade manifestáronse polas rúas das principais cidades e vilas galegas co obxectivo de seguir xuntando forzas de cara á gran mobilización convocada para o vindeiro 21 de marzo en Madrid.

 

  • Noticias relacionadas

As Marchas da Dignidade volveron á rúa para amosar a súa oposición ás políticas antipopulares e antiobreiras impostas desde o FMI, o BCE e a UE e seguidas ao pé da letra polos gobernos de Rajoy en Madrid e Feijoo en Galicia. Unhas políticas que están levando á pobreza e á exclusión social a sectores cada vez máis amplos da clase obreira co único obxectivo de salvagardar as plusvalías da Patronal e os intereses da Banca, e que contan, ademais, co silencio cómplice das grandes centrais sindicais sistémicas: CCOO e UGT.
 

 
É urxente, pois, amosar de xeito masivo na rúa o noso rexeitamento frontal ante estas políticas regresivas e antipopulares e ir preparando o camiño de cara ás grandes mobilizacións por vir, nomeadamente, á manifestación que terá lugar en Madrid o vindeiro 21 de marzo e á Folga Xeral convocada para o 22 de outubro.
 

 
Así mesmo, as Marchas da Dignidade organizarán outros actos no noso país co fin de ir socializando a nosa loita, como o faladoiro-debate no que participarán Diego Cañamero, voceiro do SAT, e o actor Willy Toledo, na Coruña o 9 de marzo (no Círculo de Artesáns ás 19.30 horas) e en Vigo, o día 10 (no Centro Cívico de Teis, ás 20 horas).

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript