Número 262- 02 de marzo de 2015
 
 

UNIVERSIDADE

RPT. Reunión co xerente

    Como vos anunciamos no pasquín anterior nesta semana pasada e coa finalidade de analizar a proposta de modificación puntual da RPT realizada pola Xerencia realizouse o día 24 unha reunión da Xunta de Persoal e, posteriormente, o día 26, unha reunión da Comisión Negociadora. A pesar de ser convocatorias que tiñan como punto máis salientable a análise da dita proposta, tamén se tomaron acordos sobre outros temas dos que vos informamos.

 UNIVERSIDADE
    As organizacións sindicais asinantes da convocatoria de eleccións sindicais para o Persoal Docente e Investigador (POI Laboral e Funcionario) e Persoal de Administración e Servizos (PAS Funcionario) na Universidade da Coruña, reunidas o día 23/02/2015 tomaron os seguintes acordos.
UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA

    O pasado venres, día 20, o Comité Intercentros da USC e a Xerencia mantiveron unha reunión para tratar, segundo o previsto no artigo 42 do convenio colectivo, a Instrución de xornada, horario, vacacións, permisos e licencias para 2015. Todos os cambios serán tamén de aplicación ao PAS funcionario.

FOLGA ESTUDANTIL 26F

    As organizacións da dinámica internacionalista #ParaOsPobos queremos mostrar o noso rexeitamento perante as novas medidas impulsadas polo goberno español para a mercantilización e elitización da universidade, un novo paso nun camiño que non deixa de avanzar desde a implantación do Plan Boloña.

MULLER

    Ás portas da sede do PP, leuse o seguinte manifesto: Boa tarde! obrigadas no nome da Plataforma local da Coruña polo derelto ao aborto por acudir a este acto. Estamos diante da sede do PP, logo de que o goberno do Partido Popular materializase o abandono do proxecto de reforma integral da lei do aborto, poñendo en marcha de xeito apresurado, a través dunha proposición de lei orgánica o cambio dun único artigo, o referido ao permiso paterno para as mulleres de entre 16 e 18 anos, obrigándoas a ter o consentimento d@s proxenitor@s.

LIBERDADE DE EXPRESIÓN

    O 3 de febreiro, a reporteira e 'streamer' Alicia Armesto (@alitwittt) cubría o desafiuzamento de Jessica en Tetuán. Chegou tarde porque viña doutro desaloxo en Carabanchel. "Había xente lesionada, Jessica chorando como unha madalena e se vía a policía rindo mentres lle dicía: 'Tranquila, que aí chega Podemos' ".

FÓRA A RELIXIÓN DAS ESCOLAS

    Remedando a memoria que máis lle gusta ao partido no Goberno, por oposición á Memoria Histórica e á de cantos cidadáns seguen enterrados sen sinal como alimañas nas foxas e cunetas onde o franquismo e o seu caudillo (pola graza de Deus) sepultou as súas vítimas, o último número do Boletín Oficial do Estado (BOE) dedica ata 23 páxinas ao currículo da materia de Relixión en educación primaria e secundaria, coa mención a Deus en 168 ocasións e á de Xesús en 73.

• ECONOMISTAS SEN FRONTEIRAS

    Nestes últimos tempos, os españois sentimos unha gran preocupación polos altos niveis de corrupción que existen no noso país. E non é para menos.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    O pasado venres, día 27, realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno, como observaredes na Orde do Día da reunión non se contemplaba ningún punto que nos afecte de xeito expreso. Pasamos a sinalarvos, de xeito resumido, o máis interesante da reunión.
 MARCHAS DA DIGNIDADE DA GALIZA
    O día 25 as Marchas da Dignidade manifestáronse polas rúas das principais cidades e vilas galegas co obxectivo de seguir xuntando forzas de cara á gran mobilización convocada para o vindeiro 21 de marzo en Madrid.
 OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS - COIA
    O pasado 15 de novembro o concello galego de Teo acolleu unhas xornadas pola Renda Básica Universal.
 ASOCIACION GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
    Ante a proposta do grupo parlamentario do Partido Popular nas Cortes Españolas de modificar a Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo desde a Asociación Galega para Defensa dá Sanidade Pública queremos manifestar:
 O ONANISMO AUTOCOMPRACENTE DE MARIANO RAJOY
    Hai unhas datas, no Museo Guggenheim de Bilbao, nunha reunión de poderosos da economía nacional e internacional, Mariano Rajoy, presidente do goberno español e do PP, proclamou a saída da crise, a recuperación de España e a volta ao crecimiento(...)
 LINGUA
    Santiago de Compostela, 25 de febrero de 2015.- Máis de trinta anos despois de que a Lei de Normalización Lingüística recoñecese que a única forma oficial e correcta a todos os efectos de denominar os nosos nomes de lugar é a orixinal, isto é, a galega, o presidente do Goberno, Mariano Raxoi, demostrou novamente o seu desprezo ao galego e á lexislación que o protexe deturpando sistematicamente a nosa toponimia na súa intervención no debate das Cortes.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   


 

     
      O DEBATE DAS MENTIRAS

       
        NON PIQUES!

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript