Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 262 - 02/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  FOLGA ESTUDANTIL 26F
 

Comunicado conxunto de #ParaOsPobos, xornada 26F

As organizacións da dinámica internacionalista #ParaOsPobos queremos mostrar o noso rexeitamento perante as novas medidas impulsadas polo goberno español para a mercantilización e elitización da universidade, un novo paso nun camiño que non deixa de avanzar desde a implantación do Plan Boloña.

 

  • Noticias relacionadas

Co sistema 3+2, as carreiras pasarán a contar con tres anos de grao e dous de mestrado, en contraposición aos catro de grao e un de mestrado actual. Iso sen esquecermos que, antes de Boloña, eran cinco os anos para cursar, evolución que, principalmente, supon um maior encarecemento da formación universitaria completa.
 
Perante esta situación, consideramos que non queda outro camiño que a mobilización e a loita dos respectivos movementos estudantís das nacións oprimidas polo Estado Español, e é por iso que sairemos todas á rúa este 26 de febreiro. Nese día faremos escoitar a voz do estudantado, non só para deter as medidas regresivas que se aveciñan, mais tamén para lograr avances e triunfos para conseguir unha educación verdadeiramente pública, popular, de calidade, igualitaria, emancipadora e acorde á realidade dos nosos pobos.

Neste senso, denunciamos e rexeitamos as prácticas centralistas e unilaterais do Sindicato de Estudiantes, que, por enésima vez, convoca varios días de ‘folga’ sen contar cos movementos estudantís dos respectivos pobos e sen ter en conta as súas realidades e dinámicas propias en desenvolvemento.
 
O modelo polo que apostamos decididamente é o traballo de base, emancipador e consciente das especificidades propias de cada pobo, implicando nesa loita a todos os axentes en loita, para construír unha alternativa real e forte. Ao tempo, apostamos pola coordinación entre as diferentes nacións do Estado, desde o respecto, a igualdade e o apoio mútuo, para conseguirmos avanzar na construción de sistemas educativos propios, do pobos e para os pobos.
 
NON AO 3+2
NON MÁIS MERCANTILIZACIÓN
EDUCACIÓN #ParaOsPobos

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript