Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 262 - 02/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Reunión do Consello de Goberno do día 27/2/2015

O pasado venres, día 27, realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno, como observaredes na Orde do Día da reunión non se contemplaba ningún punto que nos afecte de xeito expreso. Pásamos a sinalarvos, de xeito resumido, o máis interesante da reunión.

 

  • Noticias relacionadas

 

Información do xerente:
 
O día 6 de maio realizaranse as eleccións sindicais do PAS funcionario.
A universidade está ao día nos pagos a provedores.
 
Punto 6  Proposta de execución da Oferta Pública de Emprego (OPE) do ano 2015
Despois se aprobar na Mesa Sindical chegan ao Consello de Goberno para a súa aprobación os criterios para establecer a OPE (Oferta Pública de Emprego) do PDI.
O OPE contemplará as seguintes prazas, 2 de Catedrático e 6 de Contratado doutor, a elaboración realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

  • ·         Terán que corresponder a diferentes áreas de coñecemento.

  • ·         Realizaranse por ano de acreditación

  • En caso de empate o máis antigo na UDC.

Posta a votación a proposta, despois dunha ampla discusión, acada 22 votos a favor, 2 en contra e 11 abstencións (entre as que se atopaban a representación do PAS e dos alumnos)
 
9. Quenda aberta de intervencións
Cando estará finalizada a obra do CITEEC?
A
obra, segundo o contrato en vigor, debe estar rematada un ano menos dez días despois de se iniciar.
As obras poderían comezar xa pero estase á espera do Plan de Obra que tardará unha semana.

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript