Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 262 - 02/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  MULLER
 

Concentracións polo dereito ao aborto

Ás portas da sede do PP, leuse o seguinte manifesto: Boa tarde! obrigadas no nome da Plataforma local da Coruña polo derelto ao aborto por acudir a este acto. Estamos diante da sede do PP, logo de que o goberno do Partido Popular materializase o abandono do proxecto de reforma integral da lei do aborto, poñendo en marcha de xeito apresurado, a través dunha proposición de lei orgánica o cambio dun único artigo, o referido ao permiso paterno para as mulleres de entre 16 e 18 anos, obrigándoas a ter o consentimento d@s proxenitor@s.

 

  • Noticias relacionadas

Tras anunciar o pasado setembro, que aparcaba o proxecto de reforma integral (Iembremos que a lei vixente está pendente de que o Tribunal Constitucional falle o recurso que presentou o PP hai preto de 5 anos, cando estaba na oposición), o que pretendía mudar o modelo de lei de prazos por una lei de supostos restritivos, e que lIe costou a dimisión a Alberto Ruiz-Gallardón como ministro de Xustiza, o PP optou por non facelo no marco dunha lel ordinaria de axuda á familia, tal e como tiña anunciado. Deste xeito axiliza os trámites de informes de distintas institucións, para que poida estar en vigor en abril.
 
O recente anuncio por parte do Goberno do Partido Popular é un ataque aos dereitos das mulleres máis novas, unha reforma eleitoralista e ideolóxica, por parte de quen ten a responsabilidade de garantir os dereitos á cidadanía, tanto os civís, como os culturais, os sexuais e os reprodutivos, non de restrinxilos. Pode supoñer que as mozas en situación s de vulnerabilidade teñan que optar pola clandestinidade, coas consecuencias que isto pode ter para a súa saúde.
 
Non deixa de ser curioso que se lIes desposúa da capacidade de decidir sobre os seus corpos, que se lIes suprima a posibilidade de que poidan prestar o consentimento a que lIes practiquen un aborto, cando non o requiren do seu consentimento para outro tipo de sltuacións:
 

  • ·         Poden manter relacións sexuais a partires dos 13 anos

  • ·         Teñen responsabilidade penal desde os 14 anos

  • ·         Poden facer testamento desde os 14 anos

  • ·         Poden contraer matrimonio se están emancipadas desde os 14 anos (con dispensa do/a xuíz/a)

  • ·         Poden conducir un ciclomotor a partires dos 15

  • ·         Deciden se queren someterse a operacións cirúrxicas e a tratamentos médicos ou farmacolóxicos agresivos a partires dos 16 anos

  • ·         Poden traballar a partires dos 16 anos

  • ·         Poden mercar fármacos sen receita a partires dos 16 anos (e tamén a pílula postcoital)

  • ·         Poden traballar


 As feministas organizadas na Plataforma da Coruña polo dereito ao aborto, consideramos que non se pode permitir outro ataque máis do Partido Popular, quen segue a facer concesións á ultradereita e á xerarquía da igrexa, na contra dos dereitos sociais, sexuais e reprodutivos das mulleres. As mulleres temos dereito a decidir sobre a nosa sexualidade, sobre os nosos corpos, e sobre a nosa maternidade, con independencia de cal sexa a nosa idade. Non imos deixar as rúas. Seguiremos loitando até que retiren a reforma. Por Iso convidámosvos a que participedes activamente na manifestación unitaria do feminismo galego que percorrerá as rúas de Compostela o vindeiro 8 de marzo, ás 12 horas na estación do tren.
 
-OS DO PP, SAÍDE DA COVA, AS VOSAS FILLAS TAMÉN ABORTAN
-ABORTO LEGAL, NUN HOSPITAL
-CONTRA A REGRESIÓN FASCISTA, LOITA FEMINISTA
-PARIR NON É DA VOSA COMPETENCIA
-NON IMOS PERMITIR QUE AS POÑADES A PARIR
-É A NOSA DECISIÓN, NON A VOSA IMPOSICIÓN
-SEXUALIDADE NON É MATERNIDADE, PARIR NON É O DESTINO DA MULLER
-NIN CONSENTIMENTO,NIN SOMETEMENTO
-ILEGALIZAR, ILEGALIZAR AO PARTIDO POPULAR, ILEGALIZAR AO PP, POR FASCISTA E
PATRIARCAL
-NÓS DECIDIMOS, AS MOZAS TAMÉN
 
Podes contactar con nós na páxina de facebook: Plataforma A Coruña polo dereito o aborto ou do gmail: pgdacorunha@gmail.com

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript