Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 262 - 02/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Eleccións sindicais
Comezou a precampaña. Nótase que as eleccións sindicais están ás portas, os correos electrónicos comezan a encherse de comunicados, convocatorias... de sindicatos que o resto do ano practican o voto de silencio. Se é mala política acordarse dos santos cando trona, tamén o é acordarse da xente, dos compañeiros, só cando hai eleccións. Aínda teñen que explicar porque non houbo candidaturas ao Claustro. O PAS non nos merecemos estes sindicatos.

 

A hemeroteca, a nosa memoria
Este ano toca elixir novo reitor, é o momento de reflexionar sobre os obxectivos e o cumprimento dos compromisos adquiridos na campaña electoral do que até agora é o máximo representante da universidade. Se algo fixo ben a representación dos traballadores nas eleccións de 2011 foi trasladar aos candidatos un cuestionario que todos eles responderon, como dixen antes vai chegando o momento de revisalo e comprobar o feito e o que deixou no caixón. Para que non teñades que buscar deixo o enlace á páxina da Xunta de persoal onde o sr. Armesto contesta ás preguntas que naquel momento se lle realizaron. http://xuntapersoalantiga.udc.es/comunicadosdaxunta/2011_respostas_candidato_a_reitor_armesto.pdf

Aos que nos gobernan
Tedes a lección moi ben aprendida. Sakedes que o pobo é dócil, manexable e moi susceptible a ser manexado pola propaganda do Estado. Ese Estado que a fin de contas sempre traballara para a oligarquía, os verdadeiros controladores da situación. Fixestes guerras, cometestes atropelos e xustificástelos no nome das patrias e os deuses. Cando non nos deixastes votar, conformabámonos. Cando nolo permitistes votabamos o que vos, mediante a vosa propaganda basta ou subliminar, queriades que votásemos. Así, paso a paso fostes moldeando unha sociedade á vosa conveniencia. Pero cando o tiñades todo controlado, esquecestes que o que nada ten que perder, a nada teme. E iso a historia ensínanolo. Estámonos a achegar a ese punto e eu espéroo con ansiedade e mesmo co escondido desexo de ver como rodan as vosas cabezas.

O medo
O retroceso no noso estado do benestar, que tanto custou crear, é imparable. Día a día vemos como os de sempre seguen perpetrando as súas felonías, sen que, nin a xustiza, nin, o que é máis triste a sociedade no seu conxunto os envíe ao ostracismo.
Todo é produto do medo, o medo a perder o pouco que nos queda, o medo a volver ao Auxilio Social, a darlle a volta ao abrigo, ao braseiro de carbón e ás sopas de allo.
Que triste! que época máis gris da nosa historia.
A alguén lle segue estrañando que a xente busque unha pequena luz de esperanza nos partidos emerxentes?...

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript