Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 262 - 02/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA
 

Modificacións na instrución de xornada, horario, vacacións e permisos para 2015

O pasado venres, día 20, o Comité Intercentros da USC e a Xerencia mantiveron unha reunión para tratar, segundo o previsto no artigo 42 do convenio colectivo, a Instrución de xornada, horario, vacacións, permisos e licencias para 2015. Nesta reunión, concretáronse os cambios que se van a producir con respecto a 2014:

 

  • Noticias relacionadas

• Amplíase o período de xornada reducida de verán e varía a duración da mesma. Coa nova instrución, en 2015, a xornada reducida estenderase desde o 15 de xuño ata o o 15 de setembro; en horario de 9:00 a 15:00 e de 15:00 a 21:00.  
• Este mesmo horario aplicarase nos períodos non lectivos de semana santa e nadal.    
• Darase potestade  aos centros para decidir internamente se pechan ou non, no período de nadal.  O persoal dos centros que permanezan abertos terá dereito a tres días, a disfrutar no período de nadal ou tamén de semana santa.
• O persoal da USC poderá gozar de 3 días por motivos de conciliación ao longo do ano, suxeitos tan só ás necesidades do servizo.

Todos estes cambios serán tamén de aplicación ao PAS funcionario.
 
O comité valorou positivamente os cambios introducidos, aínda que continuará a reclamar o restablecemento  das condicións anteriores ao inicio dos recortes.
 
Xerencia anunciou que a nova instrución publicarase nos próximos días, unha vez introducidos os cambios no texto final.
 
Aproveitamos para informar que xa está tamén publicada na web, ao igual que as anteriores, a acta da reunión do comité do 27 de xaneiro, aprobada na última xuntanza.  Así mesmo, na web do Comité:  http://www.usc.es/comitepas poderás atopar outra información e documentación de interese (composición, actas e propostas de reunións anteriores, temas tratados, escritos enviados, ...)
 
Animamos como sempre a todo o persoal a que nos enviedes  as vosas propostas, consultas e suxestións polo medio que vos resulte mais cómodo.
 
Comité Intercentros, 23 de febreiro de 2015
 
 
comitepas@usc.es 

http://www.usc.es/comitepas
 
A noticia en PDF

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript