Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 262 - 02/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

RPT

Como vos anunciamos no pasquín anterior nesta semana pasada e coa finalidade de analizar a proposta de modificación puntual da RPT realizada pola Xerencia realizouse o día 24 unha reunión da Xunta de Persoal e, posteriormente, o día 26, unha reunión da Comisión Negociadora. A pesar de ser convocatorias que tiñan como punto máis salientable a análise da dita proposta, tamén se tomaron acordos sobre outros temas dos que vos informamos.

 

  • Noticias relacionadas

1.    PROPOSTA DE XERENCIA:
 Nas escalas especiais os postos de traballo do subgrupo C1 adscríbense aos subgrupos C1/A2 e os postos do subgrupo A2 adscríbense aos subgrupos A2/A1 (con excepción dos postos de arquitecto técnico), segundo a proposta presentada pola Xerencia con data 24.11.2014.
 
ACORDO DA XUNTA DE PERSOAL:
Aprobada por unanimidade. Coa salvidade de que as prazas que só quedan con subgrupo A1 teñen que estar debidamente xustificadas e ten que existir un compromiso por parte da Xerencia para que periodicamente, e sempre que sexa preciso, se convoque promoción do A2 ao A1.
 
RESPOSTA DO XERENTE:
Acepta a proposta,

 

2.    PROPOSTA DE XERENCIA:
Os seguintes postos de escala especial se adscriben á escala xeral, mantendo os seus titulares a condición de funcionários de escala especial, segundo a proposta do 24.11.
 

34

Técnico en actividades institucionais

83

Técnico relacións laborais e acción social

409

Secretario/a técnico e de servizos xerais do Campus de Ferrol

 
ACORDO DA
XUNTA DE PERSOAL
Aprobada por unanimidade pero coa modificación en canto á denominación (non parece a correcta para a escala Xeral) e que xustifique por qué só estas prazas cando hai outras similares, por exemplo, de Secretario Técnico.
 
CIG, aclara que só estarían a favor do cambio de escala se os funcionarios que ocupan as  prazas permanecen na escala técnica.
 
APA manifestou a súa posición na propia reunión. Considérase que a proposta, tal e como se presenta é inaceptable porque non contempla todas as categorías susceptibles de se integrar na Escala Xeral. Entende que unha modificación do calado que sinala precisa ser
analizada e aprobada en asemblea.
 
RESPOSTA DO XERENTE:
Comprométese a elaborar unha proposta de categorías susceptibles de ser integradas na Escala Xeral e pide á Xunta de Persoal que realice unha proposta neste mesmo sentido.

 

3.    PROPOSTA DE XERENCIA:
Postos de nova creación por amortización de postos vacantes segundo a proposta do 24.11

  • Negociado de análise de custos na Xerencia.
  • Posto base na ORI.
  • Técnicos de proxectos europeos na OTRI.

 
ACORDO DA
XUNTA DE PERSOAL
 
Aprobada por unanimidade, pero solicitando a xustificación da creación dun novo posto base na ORI.
 
Na discusión chégase á conclusión de que, ademais da necesidade deste posto base na ORI sería, tamén, imprescindible dotar unha aplicación informática que facilite a xestión.
 
RESPOSTA DO XERENTE:
Revisará a situación por se pode ser mellorada por implantación de aplicación informática

 

4.    PROPOSTA DE XERENCIA:
Coñecemento de idiomas segundo a proposta do 24.11, que terá carácter de mérito (non de requisito) nos postos do Servizo de Investigación. A esixencia de coñecemento de idiomas determina o incremento do complemento específico recollido na proposta.
 
ACORDO DA XUNTA DE PERSOAL  
Aprobado por unanimidade só como mérito non coma requisito, suxeito a unha relación definitiva dos postos afectados e o nivel esixido.
 
RESPOSTA DO XERENTE:
Acepta o requisito da Xunta de Persoal. Sinala que o Centro de Linguas acreditará neste ano o nivel B2 até agora só acreditaba nivel B1.

 

5.    PROPOSTA DE XERENCIA:
Requisito de experiencia nas materias indicadas para as xefaturas de Xestión Financeira e de Intervención segundo a proposta do 24.11.

 
ACORDO DA XUNTA DE PERSOAL  
Rexeitado por unanimidade.
 
RESPOSTA DO XERENTE:
Retírase este punto.

 

6.    PROPOSTA DE XERENCIA:
Revisión da denominación e adscrición dos postos do Servizo de Investigación recollidos na proposta do 24.11.

 
ACORDO DA
XUNTA DE PERSOAL
 
Aprobado por unanimidade

 

7.    PROPOSTA DE XERENCIA:
Reorganización da ORI segundo a proposta do 24.11.

 
ACORDO DA
XUNTA DE PERSOAL

Aprobado por unanimidade, coa salvedade, xa indicada, da creación dun novo posto base.

 

8.     PROPOSTA DE XERENCIA  
Asignación aos postos do SAUE sinalados na proposta do 24.11 de funcións de apoio á OMA
 
ACORDO DA
XUNTA DE PERSOAL
 
Aprobado por unanimidade

 

9.    PROPOSTA DE XERENCIA
No SIC:
- Adscrición de postos ás distintas áreas nas que se estrutura o SIC nos  termos da proposta do 24.11.

 
ACORDO DA XUNTA DE PERSOAL
Aprobado por unanimidade. Pero tamén coa indicación da necesidade de facer esta adscrición noutros servizos e/ou unidades.
 
RESPOSTA DO XERENTE:
Non ve similitudes na situación do SIC e postos base en servizos centrais, entende que para o mellor desenvolvemento do traballo estes postos estean asignados ao servizo.

 

PROPOSTA DE XERENCIA
- Asignación aos postos de analista-programador do nivel de complemento de destino 22, para a súa homologación aos postos correspondentes das escalas informáticas da Xunta de Galicia. O incremento retributivo derivado deste aumento de nivel absorverase no CPT que corresponda por aplicación da estipulación 10ª b) do Acordo de Funcionarización subscrito o 13.07.2013.
 
ACORDO DA XUNTA DE PERSOAL
Aprobado por unanimidade. Engadindo que se detectaron mais casos:
 

·         Os Técnicos especialistas en Informática, na RPT de ANTEGA teñen un nível de CD 20

·         Postos bases C1, na RPT da Universidade de Santiago teñen o nível de CD 17


Existe a posibilidade de que existan outros casos.
 
RESPOSTA DO XERENTE:
Despois dunha longa discusión revisará a situación, tanto dos Técnicos especialistas en Informática na RPT de ANTEGA, como dos postos bases C1 na Universidade de Compostela para dar unha resposta.
 

 

En calquera caso, a aprobación definitiva das modificacións quedaría suxeita a dispoñer primeiramente da RPT completa con todas as modificacións que se acotden incorporadas.

 

A negociación da OPE (Oferta Pública de Emprego) posponse para despois das eleccións sindicais

 

OUTRO ASUNTOS TRATADOS E QUE NON SE CORRESPONDEN COA RPT
 
XUNTA DE PERSOAL:

1.    Debido a ausencia prolongada no Servizo de Bibliotecas dunha xefa de sección, acórdase por unanimidade instar á Xerencia a que dote a este Servizo dos recursos necesarios para suplir esta ausencia.
 
RESPOSTA DO XERENTE:
Se o solicita o Servizo habilitará os medios necesarios para darlle solución.
 


XUNTA DE PERSOAL:

2.    Acórdase, por unanimidade, reiterar a petición remitida á Xerencia no correo electrónico do 07/11/2014, para que se modifique o acordo retributivo de gratificación por xubilación do PAS funcionario e que se recoñezan os servizos prestados fora da UDC. En base a sentenza de 12 de xuño de 2014 do xulgado Contencioso Administrativo nº2 da Coruña, que estima o recurso interposto por unha compañeira neste sentido.
 
RESPOSTA DO XERENTE:
Está á espera do ditame dunha sentenza que fai referencia directa a esta situación, actuará en función do que nela se recolla.
 


XUNTA DE PERSOAL:

3.    Acórdase, por unanimidade, solicitar á Xerencia a renegociación das condicións do contrato con ADESLAS para que melloren as coberturas. En concreto a póliza dental, pasala de Plus Dental a Activa.
 
RESPOSTA DO XERENTE:
Porase en contacto don ADESLAS para negociar esta mellora.
 


XUNTA DE PERSOAL:

4.    Solicitar, con urxencia, a modificación da instrucción que regula as listas de agarda de xeito que permita que non se quite de ningunha lista de agarda ao persoal que, por mellora de emprego, pase a desempeñar outro posto dunha lista distinta  na mesma administración, ou un posto noutra administración pública ou, incluso, na empresa privada.
 
RESPOSTA DO XERENTE:
Comprométese a convocar a Comisión de Listas de Agarda para modificar o regulamento de xeito que recolla esta circunstancia.
 

COMITÉ DE EMPRESA:
Recorda ao xerente que estamos no período de solicitude da roupa de traballo, solicita saber como se realizará a entrega.
 
RESPOSTA DO XERENTE:
A universidade está intentando que a distribución da roupa non se realice exclusivamente a través de Mariño, preténdese, e parece que así será, que.se poida recoller noutros comercios. En todo o demais o procedemento será como no ano pasado.
 
A petición da roupa de traballo realízase, tamén como en anos anteriores, a través dos impresos que están na páxina web da universidade: http://www.udc.gal/goberno/equipo_reitoral/xerencia/servizos/retribucions_seguridade_social_e_accion_social/impresos/index.html?language=gl
 

Tamén lle entregamos ao xerente o acordo que sobre a xornada, horario, vacacións e permisos para 2015 alcanzaron a representación dos traballadores e a Xerencia da Universidade de Compostela. O xerente comprometeuse a analizalo.

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript