Marzo de 2015
 
 

NÚMERO 262 - 02/03/2015

   CUTUDC / Novidades

  O ONANISMO AUTOCOMPRACENTE DE MARIANO RAJOY
 

España: "recuperación", un insulto para os que sofren a crise

Hai unhas datas, no Museo Guggenheim de Bilbao, nunha reunión de poderosos da economía nacional e internacional, Mariano Rajoy, presidente do goberno español e do PP, proclamou a saída da crise, a recuperación de España e a volta ao crecimiento(...)

 

  • Noticias relacionadas

 

    Fai unhas datas, no Museo Guggenheim de Bilbao, nunha reunión de poderosos da economía nacional e internacional, Mariano Rajoy, presidente do goberno español e do PP, proclamou a saída da crise, a recuperación de España e a volta ao crecemento. O anuncio foi “jaleado” por representantes do FMI, OCDE, Comisión Europea, Eurogrupo e medios de persuasión ao servizo do sistema e antes denominados medios informativos.
     
    Non obstante, contra tan onanista auto compracencia, autobombo e discurso triunfal álzase a teimosía dos feitos, que desmontan mesmo os máis sofisticados xogos malabares con macro cifras económicas. Por que agora o anuncio solemne desa nunca vista recuperación? Porque haberá cinco eleccións en 2015 no Reino de España. En Andalucía, municipais, autonómicas, en Catalunya e de deputados. Por iso véndennos esa descarada ficción económica, porque entramos en tempo electoral. Para os que se aferran ao réxime bipartidista podre cada vez máis antisocial e antidemocrático, tempo de engano, de embuste, de esaxeración, de camuflaxe, de disfrace, de manipulación... Nese contexto cabe situar a reunión do Guggenheim e as súas delirantes conclusións.
     
    Pero o certo é que non hai recuperación. Nin en pintura. Para a maioría de poboación o que hai é menos emprego, máis inseguro, de peor calidade e con salarios máis baixos. Ao inicio de 2009 había 19 millóns e medio de empregados e empregadas que cotizaban á seguridade social e hoxe a poboación activa só é pouco máis de 16 millóns setecentos mil postos de traballo. Non obstante, a poboación xeral apenas diminuíu un millón. Polo tanto descendeu o emprego.
     
    Cando o PP gañou as eleccións hai tres anos, a protección do desemprego era 67%, pero hoxe só é 57%. O emprego é máis precario, como demostra que os contratos de xornada completa só son 8% do total. Iso é un feito. Aínda que talvez a recuperación a vexan as elites no máis de medio millón de desafiuzamentos habidos neste país. Ou quizais esa recuperación sexa a expulsión de veciños das súas vivendas sociais en Madrid porque o concello as vendeu a un fondo voitre. Ou acaso vexan a recuperación nos servizos de urxencias sanitarias amoreados, mesmo con pacientes en camas polos corredores, porque eses servizos quedaron desmantelados tras os abundantes despedimentos de persoal... E a lista segue.
     
    Aínda que talvez a recuperación sexa máis visible para a gran patronal nos miles de contratos-lixo da contrarreforma laboral do goberno. Contratos polos que se traballan trinta horas semanais por 400 euros mensuais. Ou consideran recuperación que haxa contratados de 24 horas, despedidos e volta a contratar días despois para ser despedidos de novo ás 24 horas... Todo ese trampantollo de precariedade xerou unha nova categoría social: traballadores pobres. Persoas con emprego que necesitan axuda para poder comer os últimos días do mes, non poden poñer a calefacción e deben vivir e durmir envolvidos en abrigos e mantas. Pobreza enerxética chámano. Esa pobreza, segundo a Organización Mundial da Saúde, causa 7.000 mortos en inverno en España. Persoas por debaixo do albor da pobreza que, segundo informa Cáritas, xa son en España máis dunha quinta parte de poboación dos que case tres millóns non teñen teito ou habitan en vivendas indignas. Ademais de que esa cidadanía en risco de pobreza non cesa de aumentar. Vivir en risco de pobreza é non poder comer proteínas (carne, polo, pescado) polo menos cada tres días, non poder ter calefacción na casa, non ter lavadora nin teléfono e non dispoñer duns poucos euros para gastos imprevistos, entre outras carencias graves.
     
    Resumiuno o profesor José María Mella. En España, hai unha caída incesante de salarios, emprego precario xeneralizado, pobreza descoñecida dende hai tempo, acusada discriminación da muller, alta desnutrición infantil, fame, elevado fracaso escolar, redución de investimento público en educación e taxa de paro do 55% en mozos de 15 a 29 anos. Pero hai aumento incesante de rendas do capital, mentres os salarios se reducen a 400 ou 600 euros ao mes, hai máis de dous millóns e medio de parados de longa duración e en 1.800.000 de familias ninguén ten traballo...

     
    Recuperación? Crecemento? Pretender que existen é insultar á cidadanía.
    Xavier Caño Tamayo e xornalista e escritor

     

     

     



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript