Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 261 - 23/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

RPT

Segundo o tratado na última reunión da Mesa negociadora da RPT, a Xerencia quedaba á espera da resposta da representación d@s traballador@s á proposta que o xerente presentara o día 13 de febreiro, deste xeito sería a parte social a que, despois da análise da proposta, remitiría á Xerencia as súas consideracións para que posteriormente se convocase a reunión para negociar.

 

  • Noticias relacionadas

 

O xerente ten presa e o venres envía un correo convocando xa a reunión para o vindeiro xoves 26 de febreiro, ás 12:00 na sala de comisións núm. 2 da Reitoría.
 
Pola súa parte a Xunta de Persoal
, tal e como se acordou ao remate da comisión negociadora da RPT do día 13, coa finalidade entre outras cousas, de analizar a proposta da Xerencia, convocou reunión para o vindeiro día 24 de febreiro na Facultade de Economía e Empresa, Sala de Xuntas na Entreplanta. Ás 11:00 horas en primeira convocatoria e ás 11:30 na segunda.

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript