Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 261 - 23/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  NINGÚN SER HUMANO É ILEGAL
 

Imputan a oito axentes españois por agredir inmigrantes

Oito axentes da Garda Civil española foron imputados este xoves pola Xustiza tras golpear fortemente, o 15 de outubro a un grupo de inmigrantes subsaharianos cando intentaban saltar o valo de Melilla, fronteira entre España e Marrocos.

 

  • Noticias relacionadas

O suceso coñeceuse a través dun vídeo gravado pola ONG Prodein na fronteira e para que sirva como evidencia para mostrar a realidade que se vive en Melilla de Marrocos, no norte de África.
 
Nas imaxes apréciase como un emigrante é golpeado por varios axentes mentres baixa por unha escaleira dende o alto do valo, ata que logran facelo descender. Unha vez no chan, golpéano, espósano e arrástrano ao longo de varios metros para logo entregalo ás autoridades marroquís.
 
Outras ONG, denunciaron ante o xulgado de Melilla, a forza empregada polos axentes contra os emigrantes. A acusación foi admitida e sumouse á causa aberta no Xulgado para investigar as devanditas represións.
 
Non é a primeira vez que isto sucede, no 2012 as forzas represoras ao servizo da ditadura marroquí atacaron varios emigrantes africanos que se encontraban fronte á fronteira con Melilla para poder cruzar cara á cidade española.
 
Neste escenario, houbo varios mortos e feridos de gravidade a consecuencia da acción, en tal sentido a prensa española silencia este tipo de noticia.
 
Raio do Sur

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript